29 may 2010

Training Day - Enciña da Lastra

O pasado sábado, 22 de maio, puidemos desfrutar dunha magnífica xornada de campo na zona de Valdeorras, dentro dos Training Days, impulsados dende Saramaganta, coa colaboura de Hábitat, Drosera e Numenius.

Photobucket

Xuntanza inicial na que Rafael Estévez comenta os aspectos máis importantes do entorno elexido, mentres un ourol canta no val e varios abellarucos e dúas águias cobreiras nos sobrevoan.

Acompañounos un excelente clima, igual algo quente de máis, e os coñecementos e grande capacidade didáctica de Rafael Estévez e José Gándara, que durante toda a actividade se encargaron non só de identificar as ducias de diferentes especies de bolboretas que se puideron observar, senon de aportar información sobre a súa bioloxía, ecoloxía e conservación. Ademáis, con gran paciencia, axudaban a identificar os individuos que lles presentabamos a través dos visores das cámaras, que traballaron a reo ese día, comentando técnicas e trucos para conseguir boas fotografias.

Photobucket

Os prados altos destas terras conteñen unha grande biodiversidade, da que, o longo do dia, puidemos ver numerosos exemplos.

Os afloramentos calizos, o clima mediterráneo e a presenza de prados fan da Comarca de Valdeorras a rexión xeográfica galega de maior riqueza en orquídeas. Agradecer a François Flores e a Rafael Estévez a súa axuda na identificación no campo (se se cola algún erro de certo será meu).

A primeira que contemplamos foi a Orchis provincialis, unha especie algo escasa e que causou bastante sorpresa e interese.

Photobucket

Moi preto, esta Aceras anthropophorum (literalmente portadora de homes, pola apariencia de pequenos homes colgantes que forma o labelo) foi unha máis curiosas, que fotografamos.

Photobucket

Photobucket

A lavanda, omnipresente nas ladeiras que camiñamos, e o relevo montano, incluíndo zonas de cortados rochosos, aportan beleza ao paisaxe e lugares de aniñamento a aves como os alimoches, vistos esa mesma mañá, e posibilidades aos voitres, como os catro leonados que nos sobrevoaron.

Photobucket

Nunha zona encharcada, entre xuncos atopábase unha pequena poboación de Serapias lingua.

Photobucket

O calor continuaba a crecer mentres avanzábamos por unha pista.

Photobucket

E chegamos así ao que sería o punto máis importante do dia, unha zona de ladeira con prados e matogueira aberta sobre calías que alberga máis do 80% das especies de bolboretas que poden verse en Galicia. Mentres, sobre as nosas cabezas, tres cernícalos flanquean e atacan a un águia real, ata facela pousar nun rochedo moi próximo.

Photobucket

Unha das máis espectaculares orquídeas do dia: Limodorum abortivum.

Photobucket

Non moi lonxe atopamos varios individuos de Ophrys scolopax, un dos xéneros máis curiosos, que atraen a machos de abellas, non so pola sua forma, senon que imitan tamén as ferómonas das femias. Na pseudocópula o animal enganado adquire uns polinios, que se adhiren á súa cabeza, e que polinizarán á seguinte orquídea coa que manteña relacións.

Photobucket

Pero como comentei a saída era para ver bolboretas, claro que unha cousa e velas (aquí xa levariamos unhas 30 especies) e outra fotografalas, cando, como é o meu caso, tes que poñer a cámara a 3 cm duns animais moi asustadizos e tremendamente activos cos máis de 30o que “desfrutábamos” á sombra.

A primeira que me deu unha oportunidade, despois de facerme foi esta grande e fermosa Aporia crataegi, un piérido bastante raro en Galicia (abondoso no S de Ourense). Como o seu nome indica está ligado aos Crataegus dos que se alimentan as súas eirugas.

Photobucket

Unha planta abondosa en Ourense, pero curiosa para os “norteños” coma mín e a muscaria, Muscari comosum.

Photobucket

Algo máis arriba pareceu esta Melitalea cinxia, que colaborou dexándose fotografar o anverso e, moi fermoso, reverso das ás.

Photobucket

Photobucket

Sobre Crataegus atopábase esta bolboreta, probablemente unha Adscita, pero que non teño todavía identificado:

Photobucket

Outra especie vista foi a Lycaena phlaeas. Aínda que as miñas fotos non lle fan xustiza.

Photobucket


Photobucket

Outra xoia voadora vista foi a Lycaena (heodes) alcyphron.

Photobucket

Photobucket

Tamén apareceu unha Empusa pennata adulta, un “alien” que soportou con estoicismo a sesión fotográfica a que foi sometida.

Photobucket

Ademáis dos imagos de bolboretas tamén estaban presentes algunhas eirugas Malacosoma neustria (Lepdioptera-Lasiocampidae).

Photobucket

A sección de réptiles, nesta primeira zona, estivo representada pola lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), a lagartixa rabuda (Psammodromus algirus), o cobregón (Malpolon monspenssulanus) e o lagarto arnal (Timon lepidus) como este subadulto, posibles presas do alcaudón común que voaba nese momento algo máis arriba de onde estabamos.

Photobucket

O arnal portouse moi ben como modelo, o que foi aproveitado.

Photobucket

Virando pedras atopamos este curioso inquilino (Buthus occitanus).

Photobucket

E continuamos o noso percorrido, nun entorno de impresionante beleza

Photobucket

E continuaban a aparecer orquídeas, nesta ocasión unha Anacamptis pyramidalis.

Photobucket

E non moi lonxe unhas Orchis purpureas.

Photobucket

Despois de ver un par de escribentas hortelás, que emocionaron a algún paxareiro do grupo, apareceu esta (probable) Orchis mascula.

Photobucket

Xa ben rematada a mañá desprazámonos a comer, buscando algo de frescor e sombra, que atopamos xunto a unha fonte-lavadeiro. Aquí apareceron un par de especies de anfibios, destacando unha enorme larva de sapiño comadrón (Alytes obstetricans) acompañada nun pilón por larvas e adultos reproducíndose de pintafontes verde (Triturus marmoratus).

Photobucket

Ás veces non é doado localizar e identificar as bolboretas, como exemplo aquí Martiño “anima” a unha Arctia a abrir as ás para poder determinar a súa especie que resultou ser unha Arctia villica.

Photobucket

Xa pola tarde atopamos outra orquídea, unha Ophrys sphegodes.

Photobucket

Unha das máis atractivas bolboretas do dia: un macho de Polyommatus icarus.

Photobucket

Unha chuchaleites (Iphiclides podalirius) recorría a ladeira libando de todos os matos de lavanda e sen asustarse demasiado da nosa presencia.

Photobucket

Baixo unha pedra, xa a tardiña, unha agarimosa nai transporta aos fillos ao lombo.

Photobucket

Outro pequeno animal por identificar.

Photobucket

A foto do dia (para min) unha cópula de Lysandra (Polyamatus) bellargus.

Photobucket

Durante toda a visita a presencia da flora foi espectacular, ben pola presencia de orquídeas de caprichosas e coloridas formas, ben pola floración das xestas e das lavandas, ou, como neste caso, pola exhuberancia dos chuchameles.

Photobucket

Xa a última hora, e despois dunha boa carreira, conquerimos recoller e fotografar unha cobra riscada (Rhinechis scalaris)

Photobucket

E unha foto final dos últimos en marcharnos.

Photobucket

Espero que non vos aburrira moito. Agradecer a François Flores, Rafael Estevez e a José Gándara a corrección dalgunhas identificacións.

16 may 2010

Training Days en Verín - Anfibios

Mellor tarde que nunca, poño unhas Nockofotos realizadas durante os Training Days do mes de abril polo val do Támega e a Gudiña. Este primeiro post versa sobre anfibios.

Un macho de Alytes obstetricans portando ovos. No val do Támega aínda é unha eespecie frecuente.

Amplexus (cópula) de Bufo bufo. Macho arriba e femia abaixo (a femia máis grande).

Bufo calamita.

Durante a noite puidemos observar a varios exemplares de Hyla arborea.

Ainda que os puntos de auga de calidade son escasos nalgúns hai pequenas poboacións de tritóns como esta Lissotriton boscai. Decir que na zona non está rexistrada a presencia de Lissotriton helveticus, aínda que está moi cerca (zonas de Cualedro e da Limia). Tamén puidemos observar o Triturus marmoratus pero non hai Nockoimaxes dese feito.

O gran descubrimento do día (bueno, un deles que o finde foi moi fructífero) foi detectar a presenza de Pelobates cultripes. Levábamos un tempo buscándoo pero non o puidemos atopar. As choivas deste ano favoreceron a creación de determinados puntos de auga necesarios para esta especie. A última cita rexistrada dun adulto era do noso amigo Xose Ramón Reigada no ano 2002. Esta é unha moi boa noticia para a especie que está moi ameazada a nivel galego.

Común e moi habitual é a Pelophylax perezi, e como non, tamén a atopamos.

A outra especie habitual é a Rana iberica.

Sempre conto que cando empecei a traballar en Verín, unha das cousas que máis me sorprendeu é a dificultade de ver píntegas (Salamandra salamandra). Para un lucense é raro non saír de noite e non ver píntegas. En Verín non é facil observalas.

Ata aquí a parte de anfibios. Puidemos ver 10 das 11 existentes na zona (faltou Discoglossus galganoi, está extinta Chioglossa lusitanica e non hai referencias da existencia de Lissotriton helveticus e Rana temporaria)

Training Days en Verín - Réptiles

Agora poñemos unhas fotos sobre os réptiles que puidemos observar nos Training Days do val do Támega e a Gudiña.

Unha fermosa femia de Anguis fragilis. O dimorfismo sexual (=diferencias na forma e coloración entre machos e femias dentro dunha mesma especie) é moi marcado nesta especie. As femias teñen os laterais máis escuros que o dorso, mentres que os machos teñen os laterais da mesma cor clara que o dorso. Ás veces, os machos tamén teñen unhas manchas grisáceas ou azuladas, máis patentes conto máis vello é o exemplar.

O Blanus cinereus é unha especie moi mediterránea na Península Ibérica. En Galicia só está presente no val do Támega (ríos Támega e o seu afluente Búbal). Ultimamente, tamén puidemos descubrir unha nova poboación no fermoso río Mente, gracias á axuda do noso compañeiro Xosé Ramón Reigada.

O Chalcides bedriagai tamén é unha especie moi mediterránea aínda que non tanto como o escouparón cego (Blanus cinereus). Está presente nas ladeiras quentes do río Búbal, non baixando ás ladeiras máis quentes e secas do río Támega.


O Chalcides striatus é unha especie moi abundante en Galicia. No ano 2008 tivemos a sorte se observar ás catro especies de ápodos ou semiápodos da península (Anguis fragilis, Blanus cinereus, Chalcides bedriagai e Chalcides striatus) na mesma zona e a escasos dous metros de distancia. Este feito é enormemente interesante e único na península Ibérica. De feito, debaixo dunha mesma pedra había un exemplar de Blanus cinereus e de Anguis fragilis.

Aquí, un exemplar de Coronella austriaca.

Un macho en celo de Lacerta schreiberi. Especie endémica do noroeste ibérico que sobrevive tamén en zonas húmidas do centro da Península. Na súa área de distribución mediterránea habita os bordes de ríos e regatos, e non aparece lonxe deles. Debido a isto, en Portugal chámase lagarto-de-água.

De noite e debaixo dunha pedra, puidemos capturar este fermoso exemplar de Malpolon monspessulanus.

Un fermoso xuvenil de Natrix natrix. Curiosamente, a gran ausencia destas xornadas foi a súa prima, a Natrix maura, moito máis abundante na zona.

Un exemplar de Podarcis bocagei. Este exemplar foi visto na zona da Gudiña. En Verín, compórtase de maneira similar que o Lacerta schreiberi (vive en lugares húmidos e próximos a regatos e ríos). Presenta un comportamento curioso de fuxida xa que sube polos ameneiros (Alnus glutinosa) para escapar dos depredadores (ou dos herpetólogos).

Podarcis hispanica, especie moi abundante na zona.

Macho de Psammodromus algirus. Pódese observar como a gorxa é de cor roxiza, típico dos machos en celo desta especie.

Fermosísimo macho de Psammodromus hispanicus. Esta especie é moi escasa en Galicia e habita matogueiras moi abertas e tamén viñedos e camiños.

Un gran exemplar de Rhinechis scalaris, antes chamada Elaphe scalaris.

Un lagarto arnau, Timon lepidus.

E aquí a sorpresa do día. Na zona da Gudiña tivemos o pracer de observar este fermoso subadulto de Vipera latastei. Unha hora despois, puidemos observar outro exemplar, esta vez adulto, da víbora de cordón, nome vernáculo dado na zona á especie. Este último exemplar estaba nunha cuneta polo que despois de fotografar apartámolo da zona para evitar que terminara debaixo das rodas dun coche.

E a última especie para acadar as 26 detectadas neste Training Day foi a víbora de Seoanei, Vipera seoanei, na viaxe de volta polo río Bibei. Esta especie puido ser observada por Ricardo Ferreiro, Fernando Diz-Lois, Anxos Romeo e Martiño Cabana.

Ata aquí todo o referente ó hérpetos observados nos Training Days de Verín. Agradecer a tódolos participantes a súa axuda e espero que lles gustara moito a actividade.

13 may 2010

Cartografía Inventario Nacional da Biodiversidade

Inauguramos unha nova sección que, se ben xa estaba comezada, desexamos mellorala para o disfrute de todos. Acabamos de montar a infraestructura cartográfica para poñer a vosa disposición os mapas de biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente.

Esta cartografía é a resultandte dos estudos:

Atlas y Libro Rojo de los anfibios y reptiles

Atlas de mamíferos terrestres de España

Atlas y Libro Rojo de los peces continentales

Atlas de invertebrados amenazados de España

Atlas y Libro Rojo de la flora vascular amenazada

Ainda nos queda realizar a cartografía de:

Atlas de las aves reproductoras de España (base de datos moi extensa).

Atlas de las Plantas Alóctonas Invasoras de España (base de datos non dispoñible)

A cartografía pode verse no banner lateral (a vosa dereita) seleccionando a especie desexada dentro da listaxe taxonómica do grupo desexado. Ó clicar nesa especie, abrirase un enlace a un mapa coa cuadrícula de 10x10 km da Galicia expandida. A Galicia expandida é a zona que comprende tódalas a tódalas cuadrículas de 100x100 km (PG, PH, NJ, etc) de Galicia. Esta área colle todo o territorio galego e o territorio máis próximo a Galicia do norte de Portugal (sen datos para o INB) e o occidente de Asturias, León e Zamora.

Espero que vos sexa de utilidade.

10 may 2010

Training Days - Enciña da Lastra

Desde a Asociación Saramaganta seguimos a organizar os Training Days, actividades para naturalistas enfocadas ó estudo e observación da flora e fauna galegas. Neste segunda convocatoria, desexamos invitarvos a realizar unha saída ó campo para a observación de bolboretas diurnas no Parque Natural de Enciña da Lastra.

Para esta saída contaremos coa axuda dos nosos compañeiros Rafael Estevez e José Gándara, expertos naturalistas que dominan amplamente os segredos das bolboretas e coñecen de primeira man a fauna e flora do Parque Natural de Enciña da Lastra.

Agradecerlles a Rafael e a José que nos acompañen nesta saida e nos ensinen os ropalóceros dunha das zonas máis mediterráneas de Galicia.

Coma sempre:

Os Training Days son gratuítos pero non pero non se cubre ningún gasto. É obrigatorio solicitar reserva de prazas debido a que haai prazas limitadas. Enviádeme un correo co voso nome e un teléfono mobil (necesario por seguridade e para quedar no punto de encontro).

Os desplazamentos levaranse a cabo en vehículos propios. Como a orixe de cada persoa é dun lugar diferente de Galicia é imposible o aluguer dun autobús. Indicademe o lugar de orixe, se dispoñedes de vehículo propio e se este ten prazas libres. Recordade que debemos minimizar o gasto de combustibles fósiles e a emisión de CO2 á atmósfera.

Para a comida recomendamos levar bocata ou similar para non gastar moito tempo. Non pararemos en ningún lugar para facer compra algunha e non hai bares nin tabernas na zona, polo que a comida debe traerse de casa.

Comezaríamos o sábado día 22 ás 11 da mañá en Enciña da Lastra no Mirador de Pardollán (o mapoa ten un erro e pon Pardellán):

http://maps.google.es/maps?f=q&source=s_q&hl=es&geocode=&q=pardoll%C3%A1n&sll=40.396764,-3.713379&sspn=10.170438,26.784668&ie=UTF8&hq=pardoll%C3%A1n&hnear=&ll=42.463328,-6.831179&spn=0.009624,0.026157&t=h&z=17

Para chegar a el, debemos desviarnos no seguinte desvío que vai a Vilar de Silva:

http://maps.google.es/maps?f=q&source=s_q&hl=es&geocode=&q=pardoll%C3%A1n&sll=40.396764,-3.713379&sspn=10.170438,26.784668&ie=UTF8&hq=pardoll%C3%A1n&hnear=&ll=42.470403,-6.855404&spn=0.004812,0.013078&t=h&z=17

9 may 2010

Viaxe polo corazón de Galicia

Nocko ven de realizar unha viaxe herpetolóxica feita polo corazón de Galicia. Agolada, Rodeiro e Lalín (Pontevedra) e posteriormente a Taboada e Lugo (Lugo). Aquí vai un resumo desta saída herpetolóxica.


Comezou a viaxe por Agolada aproximándose ó LIC Sobreirais do río Arnego onde puido observar Podarcis bocagei, Rana iberica, Anguis fragilis e Timon lepidus. Todo isto, nas beiras do río Arnego, entre muros tradicionais de pedra e sobreiras.


Tamén en Agolada visitou prados con pequenas manchas de carballeiras (hábitat moi típico da zona) onde puido observar Anguis fragilis, Podarcis bocagei e Timon lepidus.


Sempre que se poida, debemos visitar as canteiras abandonadas (coa debida precaución), onde Nocko puido atopar Podarcis bocagei e Coronella austriaca (canteira situada en Rodeiro).


En Antas de Ulla observáronse numerosos individuos de Rana temporaria e Lacerta schreiberii en prados húmidos con regatos e canos de auga.


Nas cunetas inundadas nas carballeiras frondosas de Cendoi (Agolada) puido observar Rana iberica, Salamandra salamandra e Lissotriton boscai.


Xa cambiando de zona, en Couto Grande (Lugo) puidéronse observar larvas e adultos de Hyla arborea e Pelophylax perezi.


En total, doce especies en varios lugares de Galicia.

Agradecerlle a Nocko que compartira con nós esta fermosa viaxe.

1 may 2010

Serra do Xistral

Hoxe, primeiro de maio, tivemos o placer de acompañar a algúns integantes do Grupo Naturalista Hábitat a unha saída pola serra do Xistral. Fomos moi poucos debido ó mal tempo pero con moitas ganas de ver bichos. Ahí van unhas fotos dos hábitats e especies de hérpetos atopadas:


Lagartixa das brañas, Zootoca vivipara.

Lagartixa das serras, Iberolacerta monticola.

Sapiño comadrón, Alytes obstetricans, en continuo descenso das súas poboacións no norte de A Coruña e Lugo.

Pintafontes palmado, Lissotriton helveticus.

O sapo corredor, Bufo calamita, moi abundante nas zonas montañosas.

O sapo común, Bufo bufo.

A saramaganta, Chioglossa lusitanica, endemismos do noroeste ibérico que dá nome a nosa asociación. O vertebrado máis interesante de Galicia (na miña humilde opinión).

A píntega, Salamandra salamandra, en concreto da subespecie bernardezi, caracterizada por ter dúas liñas lonxitudinais (que poden estar interrumpidas) polo lombo.

Outro sapiño comadrón, Alytes obstetricans, en comportamento de defensa, inchando o corpo, alongando as patas dianteiras e traseiras e baixando a cabeza.