Mellor tarde que nunca, poño unhas Nockofotos realizadas durante os Training Days do mes de abril polo val do Támega e a Gudiña. Este primeiro post versa sobre anfibios.
Ainda que os puntos de auga de calidade son escasos nalgúns hai pequenas poboacións de tritóns como esta Lissotriton boscai. Decir que na zona non está rexistrada a presencia de Lissotriton helveticus, aínda que está moi cerca (zonas de Cualedro e da Limia). Tamén puidemos observar o Triturus marmoratus pero non hai Nockoimaxes dese feito.
O gran descubrimento do día (bueno, un deles que o finde foi moi fructífero) foi detectar a presenza de Pelobates cultripes. Levábamos un tempo buscándoo pero non o puidemos atopar. As choivas deste ano favoreceron a creación de determinados puntos de auga necesarios para esta especie. A última cita rexistrada dun adulto era do noso amigo Xose Ramón Reigada no ano 2002. Esta é unha moi boa noticia para a especie que está moi ameazada a nivel galego.
Sempre conto que cando empecei a traballar en Verín, unha das cousas que máis me sorprendeu é a dificultade de ver píntegas (Salamandra salamandra). Para un lucense é raro non saír de noite e non ver píntegas. En Verín non é facil observalas.
Ata aquí a parte de anfibios. Puidemos ver 10 das 11 existentes na zona (faltou Discoglossus galganoi, está extinta Chioglossa lusitanica e non hai referencias da existencia de Lissotriton helveticus e Rana temporaria)
A nosa primeira saida como asociacion,e mellor non puido ser,por organizacion,xente,churrasco e herpetos jeje,aqui queda o post este para sar un bon sabor de boca,e agora pola segunda xornada,a ver que tal se da o tema de bolboretas :)
ResponderEliminaruc satın al
ResponderEliminarminecraft premium
özel ambulans
yurtdışı kargo
en son çıkan perde modelleri
nft nasıl alınır
en son çıkan perde modelleri
lisans satın al