29 may 2010

Training Day - Enciña da Lastra

O pasado sábado, 22 de maio, puidemos desfrutar dunha magnífica xornada de campo na zona de Valdeorras, dentro dos Training Days, impulsados dende Saramaganta, coa colaboura de Hábitat, Drosera e Numenius.

Photobucket

Xuntanza inicial na que Rafael Estévez comenta os aspectos máis importantes do entorno elexido, mentres un ourol canta no val e varios abellarucos e dúas águias cobreiras nos sobrevoan.

Acompañounos un excelente clima, igual algo quente de máis, e os coñecementos e grande capacidade didáctica de Rafael Estévez e José Gándara, que durante toda a actividade se encargaron non só de identificar as ducias de diferentes especies de bolboretas que se puideron observar, senon de aportar información sobre a súa bioloxía, ecoloxía e conservación. Ademáis, con gran paciencia, axudaban a identificar os individuos que lles presentabamos a través dos visores das cámaras, que traballaron a reo ese día, comentando técnicas e trucos para conseguir boas fotografias.

Photobucket

Os prados altos destas terras conteñen unha grande biodiversidade, da que, o longo do dia, puidemos ver numerosos exemplos.

Os afloramentos calizos, o clima mediterráneo e a presenza de prados fan da Comarca de Valdeorras a rexión xeográfica galega de maior riqueza en orquídeas. Agradecer a François Flores e a Rafael Estévez a súa axuda na identificación no campo (se se cola algún erro de certo será meu).

A primeira que contemplamos foi a Orchis provincialis, unha especie algo escasa e que causou bastante sorpresa e interese.

Photobucket

Moi preto, esta Aceras anthropophorum (literalmente portadora de homes, pola apariencia de pequenos homes colgantes que forma o labelo) foi unha máis curiosas, que fotografamos.

Photobucket

Photobucket

A lavanda, omnipresente nas ladeiras que camiñamos, e o relevo montano, incluíndo zonas de cortados rochosos, aportan beleza ao paisaxe e lugares de aniñamento a aves como os alimoches, vistos esa mesma mañá, e posibilidades aos voitres, como os catro leonados que nos sobrevoaron.

Photobucket

Nunha zona encharcada, entre xuncos atopábase unha pequena poboación de Serapias lingua.

Photobucket

O calor continuaba a crecer mentres avanzábamos por unha pista.

Photobucket

E chegamos así ao que sería o punto máis importante do dia, unha zona de ladeira con prados e matogueira aberta sobre calías que alberga máis do 80% das especies de bolboretas que poden verse en Galicia. Mentres, sobre as nosas cabezas, tres cernícalos flanquean e atacan a un águia real, ata facela pousar nun rochedo moi próximo.

Photobucket

Unha das máis espectaculares orquídeas do dia: Limodorum abortivum.

Photobucket

Non moi lonxe atopamos varios individuos de Ophrys scolopax, un dos xéneros máis curiosos, que atraen a machos de abellas, non so pola sua forma, senon que imitan tamén as ferómonas das femias. Na pseudocópula o animal enganado adquire uns polinios, que se adhiren á súa cabeza, e que polinizarán á seguinte orquídea coa que manteña relacións.

Photobucket

Pero como comentei a saída era para ver bolboretas, claro que unha cousa e velas (aquí xa levariamos unhas 30 especies) e outra fotografalas, cando, como é o meu caso, tes que poñer a cámara a 3 cm duns animais moi asustadizos e tremendamente activos cos máis de 30o que “desfrutábamos” á sombra.

A primeira que me deu unha oportunidade, despois de facerme foi esta grande e fermosa Aporia crataegi, un piérido bastante raro en Galicia (abondoso no S de Ourense). Como o seu nome indica está ligado aos Crataegus dos que se alimentan as súas eirugas.

Photobucket

Unha planta abondosa en Ourense, pero curiosa para os “norteños” coma mín e a muscaria, Muscari comosum.

Photobucket

Algo máis arriba pareceu esta Melitalea cinxia, que colaborou dexándose fotografar o anverso e, moi fermoso, reverso das ás.

Photobucket

Photobucket

Sobre Crataegus atopábase esta bolboreta, probablemente unha Adscita, pero que non teño todavía identificado:

Photobucket

Outra especie vista foi a Lycaena phlaeas. Aínda que as miñas fotos non lle fan xustiza.

Photobucket


Photobucket

Outra xoia voadora vista foi a Lycaena (heodes) alcyphron.

Photobucket

Photobucket

Tamén apareceu unha Empusa pennata adulta, un “alien” que soportou con estoicismo a sesión fotográfica a que foi sometida.

Photobucket

Ademáis dos imagos de bolboretas tamén estaban presentes algunhas eirugas Malacosoma neustria (Lepdioptera-Lasiocampidae).

Photobucket

A sección de réptiles, nesta primeira zona, estivo representada pola lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), a lagartixa rabuda (Psammodromus algirus), o cobregón (Malpolon monspenssulanus) e o lagarto arnal (Timon lepidus) como este subadulto, posibles presas do alcaudón común que voaba nese momento algo máis arriba de onde estabamos.

Photobucket

O arnal portouse moi ben como modelo, o que foi aproveitado.

Photobucket

Virando pedras atopamos este curioso inquilino (Buthus occitanus).

Photobucket

E continuamos o noso percorrido, nun entorno de impresionante beleza

Photobucket

E continuaban a aparecer orquídeas, nesta ocasión unha Anacamptis pyramidalis.

Photobucket

E non moi lonxe unhas Orchis purpureas.

Photobucket

Despois de ver un par de escribentas hortelás, que emocionaron a algún paxareiro do grupo, apareceu esta (probable) Orchis mascula.

Photobucket

Xa ben rematada a mañá desprazámonos a comer, buscando algo de frescor e sombra, que atopamos xunto a unha fonte-lavadeiro. Aquí apareceron un par de especies de anfibios, destacando unha enorme larva de sapiño comadrón (Alytes obstetricans) acompañada nun pilón por larvas e adultos reproducíndose de pintafontes verde (Triturus marmoratus).

Photobucket

Ás veces non é doado localizar e identificar as bolboretas, como exemplo aquí Martiño “anima” a unha Arctia a abrir as ás para poder determinar a súa especie que resultou ser unha Arctia villica.

Photobucket

Xa pola tarde atopamos outra orquídea, unha Ophrys sphegodes.

Photobucket

Unha das máis atractivas bolboretas do dia: un macho de Polyommatus icarus.

Photobucket

Unha chuchaleites (Iphiclides podalirius) recorría a ladeira libando de todos os matos de lavanda e sen asustarse demasiado da nosa presencia.

Photobucket

Baixo unha pedra, xa a tardiña, unha agarimosa nai transporta aos fillos ao lombo.

Photobucket

Outro pequeno animal por identificar.

Photobucket

A foto do dia (para min) unha cópula de Lysandra (Polyamatus) bellargus.

Photobucket

Durante toda a visita a presencia da flora foi espectacular, ben pola presencia de orquídeas de caprichosas e coloridas formas, ben pola floración das xestas e das lavandas, ou, como neste caso, pola exhuberancia dos chuchameles.

Photobucket

Xa a última hora, e despois dunha boa carreira, conquerimos recoller e fotografar unha cobra riscada (Rhinechis scalaris)

Photobucket

E unha foto final dos últimos en marcharnos.

Photobucket

Espero que non vos aburrira moito. Agradecer a François Flores, Rafael Estevez e a José Gándara a corrección dalgunhas identificacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario