25 oct 2009

Viaxe a Xinzo de Limia e volta pra casa "The Pelobates travel" (23-10-09)

Boas xente, presentamos unha viaxe para ver anfibios e réptis, principalmente pola zona de Xinzo e arredores, realizada por algúns dos integrantes do grupo Saramaganta. Fixemos a viaxe Martiño Cabana (o dictador do cinto), Anxos (a muller con radar intregado para buscar hérpetos raros), Alberto (Maravillas "The Ruin-Man") e un servidor.



Empezando a xornada metímonos nunha pequena carballeira, destas que dan gusto ver e que case non se atopan. Non moi productiva en canto a hérpetos, pero estes sitios son o fefuxio de moitísima fauna e flora autóctona. Dá gusto ver que aínda resisten algunhas.


Baixando da carballeira, atopamos unha canteira abandonada convertida en granxa de vacas. Como non cos seus vertido liquidos, nunha canle de auga. A xente coma sempre tan limpiña. O lado, un muro de pedra cun bosque e prado moi ben conservados, Ali e ó outro lado do camiño atopamos 2 exemplares de píntega comun (Salamandra salamandra) da subespecie "gallaica". Agora están en pleno auxe, esperando as choivas nocturnas para comezar as súas actividades. Aqui arriba pódese ver a unha delas nunha postura de defensa pasiva, toda tesa, a idea e que deste xeito sexa mais dificil de tragar :)



Aquí debaixo dun matorral atopamos este exótico botín, un grupo de cabazas ali tiradas nun sitio así... eu vexo refuxio para herpetos ou comida para insectos o cal e bon para os herpetos, esto xa deriva en enfermidade :)






E atopámonos con esta fonte con forma de lagarto e detrás unha lagoa que aínda que estaba con demasiada vexetacion, cando enche como veremos agora, polo menos hai especies que ali crian :)





Aqui temos fauna dese lugar feito por humanos, unha Rá verde comun (Pelophylax perezi) e un subadulto de Triton verde (Triturus marmoratus). Parece que este sitio funciona ben para algunhas especies :)




Vemos aqui a Martiño na procura de "El Dorado" e loitando contra a ira das vacas. Estaban con sede as criaturas :)



Nesta charca apareceu un machiño de Triton palmeado (Lissotriton helveticus). Nesta poboación temos comprobado que os efectivos desta especie teñen un tamaño menor ó resto de Galicia. Esperemos que chova rápido por que esta charca estaba feita un barrizal do gando e a natureza pide auga xa.




Polos camiños de noite atopamos varios Sapos comúns (Bufo bufo), o típico sapo de conto e de bruxas, unha especie xa non tan común como antes por desgracia e bastante denostada pola paisanaxe. Esperemos que esto vaia cambiando pouco a pouco, ademais de ser animais moi beneficiosos para a agricultura pola gran cantidade de insectos que comen, un luxo para os campos e os agricultores e saen gratis :)





E cruzando un camiño esta enorme femia de Sapo comun (Bufo bufo). De seguro que os machos ian ter moitos problemas para montala e agarrala jeje, animais como estes rara vez se ven por estes lares, un animal fermosísimo e enorme, pódese ver o tamaño en comparacion a linterna :)






Tócalle o turno a Rá verde comun (Pelophylax perezi), nos camiños que discurren o longo das canles vianse moitas, a maioria pequenas. É a especie máis fácil de detectar e abundante con diferencia dado a súa adaptabilidade. Aquí vemos algunhas das enormes variacions de colorido que existe nesta especie.



Catro Sapiños comadróns comúns (Alytes obstetricans) tamen se apareceron, 3 deles refuxiados baixo un colchón tirado; aqui un deles. E pensar que esta especie era tan común fai pouco e por tantos sitios. Unha victima do famoso fungo asesino de anfibios, ogallá poidamos ver a estes pequerrechos por moito máis tempo. Por certo os 4 eran todos subadultos.



Seguindo de paseo polos canais, atopamos este outro xuvenil de Triton verde (Triturus marmoratus) pódese apreciar enriba de el as gotas minusculas de choiva que caian neses "intres" (Martiño non te queixes mira que palabras mais extrañas me fas escribir jeje).




Se hai un sapo que sabe aproveitar hábitat, este e o Sapo corriqueiro (Bufo calamita), aqui o unico exemplar desa especie que vimos esa noite, o cal non debe ser tan comun, quizais polo mal competidor que é contra outras especies. Este exemplar era moi pardo, soen correr, moi raramente saltar, as súas patas traseiras son de feito cortiñas e non lles permiten dar saltos, e son os anfibios favoritos de Anxos jeje. Como nota dicir, que son fácilmente recoñecibles pola súa típica linea vertebral marcada.












E chegamos o momento álxido da noite, o anfibio mais dificil de ver e escaso de Galicia o Sapo de esporóns (Pelobates cultripes). Aqui está a súa mellor poboacion case con total seguridade e eu so vira un adulto vivo en territorio galego e esta noite mais de unha ducia, collimos a noite boa, no mellor sitio, estaban en camiños e terras de cultivo de patacas. Aqui unhas fotos deles, unha especie moi dificil de ver e que esperemos que pronto se poda facer algo por recuperala antes de que sexa demasiado tarde. Os problemas coma outros anfibios, é decir, pesticidas, recheo de zonas humidas, especies invasoras predadoras, atropelos etc, como nota curiosa as larvas son as de meirande tamaño de todos os anfibios do pais :)



Aqui se pode apreciar as famosas "uñas" escuras, quee lle dan nome a especie e coas que se se serven para enterrarse en sustratos blandos. Este exemplar fáltalle un trociño de pata a saber as circunstancias, predadores ou fallo xenético, se baralla :)



Bueno a historia do viaxe remataba asi, pero unha vez que se quedaron en casa Martiño e Anxos, nos que somos mais norteños o Maravillas e eu, ainda nos quedaba unha tirada nocturna no coche ata casa. Chovendo moito e o instinto manda. E entre unhas cousas e outras jeje, a altura de Boimorto en Coruña, atopamos unha Rá atropelada, como tantos outros animais morren por desgracia nas nosas estradas. Preto atopamos outra que retiramos da estrada con coches. Aquí esta foto un exemplar pardo típico de Rá vermella (Rana temporaria) :)





Nesa mesma estrada retiramos da estrada un pekqueno Triton verde que intentaba cruzala Non o ia ter nada fácil dado o seu pausado camiñar :(, e o lado nun camiño sen trafico atopamos mais Píntegas comúns (Salamandra salamandra) que con coidado ibamos apartando as beiras. A noite prestaba para anfibios e mais sendo das primeiras chuvias que caian :)



E para rematar esta completa xornada, no termo de Reboredo preto de Oza dos Rios e Coiros. Na estrada e moi nervioso e activo este pouco lineado exemplar aparentemente femia de Sapiño pinto común (Discoglossus galganoi). Unha especie adaptable que vai mais ou menos resistindo o empuxe da civilización.





Xa sen tempo para mais, un exemplar nada timido, deunos unha última sorpresa baixo a chuvia de paseo. Tratábase de este Ourizo común (Erinaceus europaeus) seguramente en busca de lombrices, caracois, algún vertebrado que poidera pillar. Sen mais aqui remata esta productiva xornada de bicheria. É verdade unha cousa, que cada saida o monte é única especial e irrepetible jeje, saudos bikos e bocadillos de chourizos :)

Nocko