
Saramaganta
07/04/2013
Training Day Hérpetos do Grove e Save the Frogs Day

15/06/2011
Training Days - Odonatos no val de Lemos
O vindeiro 25 de xuño do presente ano, as asociacións Saramaganta, Drosera, Numenius, G. N. Hábitat e a AGCT, dentro das actividades realizadas dentro do Centro de Conservación e Estudo da Natureza “Casa das Ínsuas”, organizan un novo Training Day para o disfrute e mellora do noso coñecemento sobre a comunidade de odonatos do val de Lemos (Monforte e arredores). Para a realización desta actividade contaremos cos amplos coñecementos de Adolfo Cordero da EEF da Universidade de Vigo.
Realizaremos unha visita ás principais zonas húmidas da zona prestando atención ás diferentes especies de odonatos presentes na zona.
Este Training Day realizarase o dia 25 de xuño (sábado) as 11:00 en Ribasaltas. Aquí pódese ver o mapa do lugar de quedada:
Coma sempre:
Os Training Days son gratuítos pero non se cubre ningún gasto. É obrigatorio solicitar reserva de prazas debido a que hai prazas limitadas. Enviádeme un correo co voso nome e un teléfono móbil (necesario por seguridade e para quedar no punto de encontro).
Os desprazamentos levaranse a cabo en vehículos propios. Como a orixe de cada persoa é dun lugar diferente de Galicia é imposible o aluguer dun autobús. Indicádeme o lugar de orixe, se dispoñedes de vehículo propio e se este ten prazas libres para agrupar ós participantes no menor número posible de coches. Recordade que debemos minimizar o gasto de combustibles fósiles e a emisión de CO2 á atmosfera.
Para a comida recomendamos levar bocata ou similar para non gastar moito tempo. Non pararemos en ningún lugar para facer compra polo que a comida debe traerse de casa. Non vos esquezades da bebida.
Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nós en calquera momento.
08/05/2011
Training Day: Flora mediterránea da Enciña da Lastra
Realizaremos unha visita ás principais zonas do Parque Natural e os seus arredores prestando atención ás diferentes especies botánicas presentes na zona e disfrutando da paisaxe caliza desta área do mediterráneo galego.
Este Training Day realizarase o dia 21 de maio (sábado) e comezará as 10:30 no mirador de Vilar de Silva. Aquí podes ver un mapa de GoogleMaps onde se aprecia o lugar de quedada:
Os Training Days son gratuítos pero non se cubre ningún gasto. É obrigatorio solicitar reserva de prazas debido a que hai prazas limitadas. Enviádeme un correo co voso nome e un teléfono móbil (necesario por seguridade e para quedar no punto de encontro).
Os desprazamentos levaranse a cabo en vehículos propios. Como a orixe de cada persoa é dun lugar diferente de Galicia é imposible o aluguer dun autobús. Indicádeme o lugar de orixe, se dispoñedes de vehículo propio e se este ten prazas libres para agrupar ós participantes no menor número posible de coches. Recordade que debemos minimizar o gasto de combustibles fósiles e a emisión de CO2 á atmosfera.
Para a comida recomendamos levar bocata ou similar para non gastar moito tempo. Non pararemos en ningún lugar para facer compra polo que a comida debe traerse de casa. Non vos esquezades da bebida. Recordade que Enciña da Lastra está situada nunha zona mediterránea de moita calor polo que pode ser necesario moita cantidade de auga, gafas de sol e protección solar.
Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto co coordinador da actividade:
Martiño Cabana Otero
630-948293
mcohyla@yahoo.es
18/04/2011
As sorpresas de Verín
e disfrutar dun día de hérpetos, bolboretas e sorprendentes odonatos coma a viaxeira
Anax ephippiger.
Fotos tomadas o 16 de abril nas Canteiras de Carucedo
e na área recreativa A Cidadella
20/03/2011
Inicio da primavera
Segundo o Instituto Xeográfico:
"O inicio das estacións vén dado, por convenio, por aqueles instantes en que a Terra se atopa nunhas determinadas posicións na súa órbita ao redor do Sol. No caso da primavera, esta posición é dende a que o centro do Sol, visto dende a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao norte. Cando isto sucede, a duración do día e a noite practicamente coinciden, e por isto, a esta circunstancia se lle chama tamén equinoccio de primavera. Neste instante no Hemisferio Sur iníciase o outono."
Pero… para moitos de nos o inicio da primavera e ver revoar as bolboretas polos prados.
13/02/2011
Liberación de tritóns incautados
Posteriormente, este exemplar foi enviado ó Centro de Recuperación de Oleiros e uns días despois, nas portas do Centro, apareceu un novo exemplar dentro dun tapper deixado por unha persoa que o mantiña en catividade. Este feito foi froito da difusión desta nova na TVG e en diferentes xornais.
Novas publicadas sobre este tema:
ABC
La Voz de Galicia
La Opinión de A Coruña
Polo tanto, rescatáronse dous exemplares, ambas femias, de tritóns verde que se liberaron nunha zona con presenza da especie xa que non se puido saber de onde eran os exemplares.
22/01/2011
Manual de Charcas
http://www.cma.gva.es/areas/estado/biodiversidad/lifeanfibios/descargas/manual_charcas.pdf
.
04/01/2011
Desfeita no Barco de Valdeorras
Nos anos 2008 e 2009 tiven o pracer de colaborar con Pedro Galán no plan de conservación dos anfibios ameazados de Galicia. Eu. como gran amante de Ourense, dediqueime a estudar esta zona e gran parte do meu traballo foi mostrexar o sapo de esporóns, Pelobates cultripes. Froito desta relación de traballo con este sapo surxíu unha "amistade" coa especie que aínda segue. Por iso, para min é moi dificil comentarvos esta información que me deixou bastante abatido.
A semana pasada recibín varios avisos de que no polígono industrial do Barco de Valdeorras andaban facendo cousas que non se deberían facer. Achegámonos alí e quedamos asombrados polo que puidemos observar. Primeiro unha foto de onde se reproducía o Pelobates ata o momento:
Pero como o bicho xa estaba moi limitado co hábitat reproductor, agora fíxoselle isto:
Aínda estamos a tempo de solucionar isto e intertar salvar esta poboacións de Pelobates cultripes do Barco. No é cuestión de cartos, senón de vontade política e de xestión do medio natural. Esperemos que quen decida faga o que ten que facer.
31/12/2010
Artistas e Animais II

Personaxe Libélula
de Remedios Varo
Combinadora de mundos entre a ciencia e a arte, Remedios Varo foi unha artista surrealista que traballou habelenciosamente as fantasías científicas das que podemos gozar ó contemplar os seus cadros.
Cadros cheos de animais, personaxes explorando a racionalidade nun universo de imaxinación, de natureza e de alquimia.
Personaxe libélula, 1955
Gouache sobre cartón
Odonatos Viaxe Francia e Italia Xullo 2010 from Anxos Romeo on Vimeo.










