4 ene. 2011

Desfeita no Barco de Valdeorras

Valdeorras, grazas á súa bondade climática, garda unha espectacular herpetofauna. Sen embargo, a súa estructura de val estreito rodeado de grandes montañas provoca que exista unha pequena franxa que rodeo o río Sil de terreo encharcable. Isto fai que a convivencia entre a fauna e o ser humano, hábido de chan urbanizable, sexa dificil.

Nos anos 2008 e 2009 tiven o pracer de colaborar con Pedro Galán no plan de conservación dos anfibios ameazados de Galicia. Eu. como gran amante de Ourense, dediqueime a estudar esta zona e gran parte do meu traballo foi mostrexar o sapo de esporóns, Pelobates cultripes. Froito desta relación de traballo con este sapo surxíu unha "amistade" coa especie que aínda segue. Por iso, para min é moi dificil comentarvos esta información que me deixou bastante abatido.

A semana pasada recibín varios avisos de que no polígono industrial do Barco de Valdeorras andaban facendo cousas que non se deberían facer. Achegámonos alí e quedamos asombrados polo que puidemos observar. Primeiro unha foto de onde se reproducía o Pelobates ata o momento:


E diredes: "unha canle cutre medio cementada e cunha corriente moi forte". Pois sí. O pobre sapo non lle quedaba ningún outro hábitat decente que tiña que reproducirse "nesto". Comentar que é a única poboación de Pelobates que coñezo (e coñezo unhas cantas) que se reproduce nun canal deste tipo e cunha corriente tan forte.

Pero como o bicho xa estaba moi limitado co hábitat reproductor, agora fíxoselle isto:












Aínda estamos a tempo de solucionar isto e intertar salvar esta poboacións de Pelobates cultripes do Barco. No é cuestión de cartos, senón de vontade política e de xestión do medio natural. Esperemos que quen decida faga o que ten que facer.

4 comentarios:

  1. Boas. Pois vai maneira de comezar o ano, carallo! Sei dun bon amigo meu que há estar especialmente afectado por esta lamentábel nova..(ánimo Manu!!!)
    O das veigas do Barco semella unha historia, a menor escala, tan triste coma a de Antela.
    Unha aperta
    Xabi Prieto

    ResponderEliminar
  2. Esperemosque se poida solucionar o que ten dificil solución. Hai unha gran parcela ó lado que xa é concello de Vilamartín. A parcela ten hábitat terrestre adecuado pero non hai bo hábitat reprodutor. Con catro pesos (estamos en crise e as accións deben ser económicas) poderíase solucionar, en parte, o problema. Iso sí, sería un atallo a curto prazo (recordemos que o único hábitat reprodutor é un desastre) e haberá que plantexar solucións maiores e a longo prazo.

    ResponderEliminar
  3. O pésame doutro amigo do Pelobates, que supoño terá bastantes pola súa curiosa bioloxía, pertinaz supervivencia en lugares areosos e enormes cágados.
    Pois a ver se hai vontade de facer unhas charquiñas pola zona. Sempre se pode pedir o permiso para unha restauración ambiental. Toda a axuda que poida prestar, aínda que ando de traballo ata as cellas... Non deixedes de informar dos pasos a dar no foro de Hábitat.

    ResponderEliminar
  4. A ver como vai o tema,un amigo Ourensan,esta movendo ficha a favor do noso amigo Pelobatiano.

    ResponderEliminar