Benvida

Emprendemos aquí unha nova andaina coa creación da Asociación Saramaganta. Esta asociación surxe como resposta ás inquedanzas surxidas por un grupo de biólogos e naturalistas galegos. Os fundadores deste grupo son:

-Martiño Cabana
-Anxos Romeo
-Cosme Damián Romai Cousido
-Ricardo Ferreiro
-Rafael Vázquez
-Alexandre Xusto

Para os que nos coñecedes, xa sabedes os nosos intereses. Para os que non, decirvos que somos entusiastas do medio natural e da súa flora e fauna. Traballamos e disfrutamos de observar e investigar ós anfibios, réptiles e aves de Galicia, aínda que disfrutamos tamén coñecendo outros taxóns de animais e vexetais, como poden ser os mamíferos, odonatos, bolboretas diurnas, orquídeas etc.

Desde sempre vimos realizando a maioría dos nosos estudos e observacións nos diferentes medios acuáticos que poboan a nosa terra. E por iso surxíu a idea de crear este grupo de traballo, chamado Saramaganta, para o estudo e conservación dos humidais e da flora e fauna asociados a ela. Sen embargo, non so nos centraremos nestes hábitats, xa que a fauna e flora da que disfrutamos non é exclusiva deles.

Desde Saramaganta, darvos a benvida a todos.


Aspectos legais

Os diferentes directivos de Saramaganta teñen permisos de manexo de fauna e de fotografía da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, cumprindo así a legalidade vixente.

A Asociación Saramaganta é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito estatal inscrita no Registro Nacional de Asociaciones no Grupo 1, Sección 1, Número Nacional: 595245.

O domicilio da asociación é:

Martiño Cabana Otero
Asociación Saramaganta
Tellado, 8
Romeán (Lugo)
27.141 - LUGO

www.saramaganta.org
asociacion.saramaganta@gmail.com