22 ene 2011

Manual de Charcas

Interesantísimo manual sobre charcas. Presenta un capítulo sobre como construír charcas de pequeno e gran tamaño. Por aquí tamén temos experioencia na construcción de humidais, xa que xa fixemos un encargo e ademais, na casa familiar teño unha serie de charcas para os anfibios e outra fauna e flora. Se queredes consello para realizar unha na vosa finca, non dubidedes en contactar con nós.

http://www.cma.gva.es/areas/estado/biodiversidad/lifeanfibios/descargas/manual_charcas.pdf

.

4 ene 2011

Desfeita no Barco de Valdeorras

Valdeorras, grazas á súa bondade climática, garda unha espectacular herpetofauna. Sen embargo, a súa estructura de val estreito rodeado de grandes montañas provoca que exista unha pequena franxa que rodeo o río Sil de terreo encharcable. Isto fai que a convivencia entre a fauna e o ser humano, hábido de chan urbanizable, sexa dificil.

Nos anos 2008 e 2009 tiven o pracer de colaborar con Pedro Galán no plan de conservación dos anfibios ameazados de Galicia. Eu. como gran amante de Ourense, dediqueime a estudar esta zona e gran parte do meu traballo foi mostrexar o sapo de esporóns, Pelobates cultripes. Froito desta relación de traballo con este sapo surxíu unha "amistade" coa especie que aínda segue. Por iso, para min é moi dificil comentarvos esta información que me deixou bastante abatido.

A semana pasada recibín varios avisos de que no polígono industrial do Barco de Valdeorras andaban facendo cousas que non se deberían facer. Achegámonos alí e quedamos asombrados polo que puidemos observar. Primeiro unha foto de onde se reproducía o Pelobates ata o momento:


E diredes: "unha canle cutre medio cementada e cunha corriente moi forte". Pois sí. O pobre sapo non lle quedaba ningún outro hábitat decente que tiña que reproducirse "nesto". Comentar que é a única poboación de Pelobates que coñezo (e coñezo unhas cantas) que se reproduce nun canal deste tipo e cunha corriente tan forte.

Pero como o bicho xa estaba moi limitado co hábitat reproductor, agora fíxoselle isto:












Aínda estamos a tempo de solucionar isto e intertar salvar esta poboacións de Pelobates cultripes do Barco. No é cuestión de cartos, senón de vontade política e de xestión do medio natural. Esperemos que quen decida faga o que ten que facer.