13 may 2010

Cartografía Inventario Nacional da Biodiversidade

Inauguramos unha nova sección que, se ben xa estaba comezada, desexamos mellorala para o disfrute de todos. Acabamos de montar a infraestructura cartográfica para poñer a vosa disposición os mapas de biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente.

Esta cartografía é a resultandte dos estudos:

Atlas y Libro Rojo de los anfibios y reptiles

Atlas de mamíferos terrestres de España

Atlas y Libro Rojo de los peces continentales

Atlas de invertebrados amenazados de España

Atlas y Libro Rojo de la flora vascular amenazada

Ainda nos queda realizar a cartografía de:

Atlas de las aves reproductoras de España (base de datos moi extensa).

Atlas de las Plantas Alóctonas Invasoras de España (base de datos non dispoñible)

A cartografía pode verse no banner lateral (a vosa dereita) seleccionando a especie desexada dentro da listaxe taxonómica do grupo desexado. Ó clicar nesa especie, abrirase un enlace a un mapa coa cuadrícula de 10x10 km da Galicia expandida. A Galicia expandida é a zona que comprende tódalas a tódalas cuadrículas de 100x100 km (PG, PH, NJ, etc) de Galicia. Esta área colle todo o territorio galego e o territorio máis próximo a Galicia do norte de Portugal (sen datos para o INB) e o occidente de Asturias, León e Zamora.

Espero que vos sexa de utilidade.

2 comentarios:

  1. Moi interesante tio,estiven mirando mamiferos,me sorprendeu a distribucion da lontra,molan os mapas,ainda ke o de herpetos deixa un pouco ke desexar, un saudo :)

    ResponderEliminar
  2. De novo, parabéns polo traballo feito Martiño!

    Apertas,
    Damián
    P.D.: Rafa, vaia avatar mais toureiro que elexiche... ;)

    ResponderEliminar