9 may 2010

Viaxe polo corazón de Galicia

Nocko ven de realizar unha viaxe herpetolóxica feita polo corazón de Galicia. Agolada, Rodeiro e Lalín (Pontevedra) e posteriormente a Taboada e Lugo (Lugo). Aquí vai un resumo desta saída herpetolóxica.


Comezou a viaxe por Agolada aproximándose ó LIC Sobreirais do río Arnego onde puido observar Podarcis bocagei, Rana iberica, Anguis fragilis e Timon lepidus. Todo isto, nas beiras do río Arnego, entre muros tradicionais de pedra e sobreiras.


Tamén en Agolada visitou prados con pequenas manchas de carballeiras (hábitat moi típico da zona) onde puido observar Anguis fragilis, Podarcis bocagei e Timon lepidus.


Sempre que se poida, debemos visitar as canteiras abandonadas (coa debida precaución), onde Nocko puido atopar Podarcis bocagei e Coronella austriaca (canteira situada en Rodeiro).


En Antas de Ulla observáronse numerosos individuos de Rana temporaria e Lacerta schreiberii en prados húmidos con regatos e canos de auga.


Nas cunetas inundadas nas carballeiras frondosas de Cendoi (Agolada) puido observar Rana iberica, Salamandra salamandra e Lissotriton boscai.


Xa cambiando de zona, en Couto Grande (Lugo) puidéronse observar larvas e adultos de Hyla arborea e Pelophylax perezi.


En total, doce especies en varios lugares de Galicia.

Agradecerlle a Nocko que compartira con nós esta fermosa viaxe.

1 comentario:

  1. Agradecoche eu a ti a molestia e o traballo de facer esto,dende logo sair o campo,sempre e un aprender e aventura constante :)

    ResponderEliminar