Hoxe, primeiro de maio, tivemos o placer de acompañar a algúns integantes do Grupo Naturalista Hábitat a unha saída pola serra do Xistral. Fomos moi poucos debido ó mal tempo pero con moitas ganas de ver bichos. Ahí van unhas fotos dos hábitats e especies de hérpetos atopadas:

Lagartixa das brañas,
Zootoca vivipara.

Lagartixa das serras,
Iberolacerta monticola.

Sapiño comadrón,
Alytes obstetricans, en continuo descenso das súas poboacións no norte de A Coruña e Lugo.

Pintafontes palmado,
Lissotriton helveticus.

O sapo corredor,
Bufo calamita, moi abundante nas zonas montañosas.

O sapo común,
Bufo bufo.

A saramaganta,
Chioglossa lusitanica, endemismos do noroeste ibérico que dá nome a nosa asociación. O vertebrado máis interesante de Galicia (na miña humilde opinión).

A píntega,
Salamandra salamandra, en concreto da subespecie bernardezi, caracterizada por ter dúas liñas lonxitudinais (que poden estar interrumpidas) polo lombo.

Outro sapiño comadrón,
Alytes obstetricans, en comportamento de defensa, inchando o corpo, alongando as patas dianteiras e traseiras e baixando a cabeza.
Qué bonito animal es la Chioglossa lusitanica. Desconocida. Una salida muy fértil. Saludos
ResponderEliminarCuando quieras estas invitada a verla Isa :)
ResponderEliminar