12 jul. 2010

Sobre víboras e ratos

Moitos ofidios teñen nos atropelos unha das súas maiores ameazas. A víbora de Seoane (Vipera seoanei) non é unha excepción. Hoxe tivemos a mala sorte de atopar unha fermosa víbora atropelada. A nosa sorpresa foi maior cando puidemos observar que acababa de engulir a un rato (probablemente un rato de campo ou Apodemus sylvaticus). Para que despois os paisanos digan que as serpes non serven para nada.


Aqui unha imaxe en detalle da cabeza e do deseño dorsal do individuo:



3 comentarios:

  1. Hola, futura NBA!:
    Acabo de ver unha entrada antiga sobre V.latasti na que comentades que na zona da Gudiña ten o nome vernáculo de "Víbora de cordón". Acordeime de que hai un par de anos nos comentaron unha cousa na Gudiña tamén. Aseguraba ún dos camareiros do hostal que había unhas serpes que eran totalmente negras por alí. E que eran coñecidas como "BICHO CORDÓN". Daquela nós pensamos automáticamente nos exemplares melánicos.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Ola,

    Pois os paisanos coñecen o bicho e débeno ver a miudo por que temos a referenciaa de varias persoas que usan ese nome. É un vernáculo inconfundible¡¡

    Tamén lle chaman serpe de cordón. O dos vernáculos de hérpetos é algo que está totalmente sen traballar. A ver se co tempo se fai unha recolleita adecuada e se propón unha lista patrón.

    Unha aperta,

    Martiño

    ResponderEliminar
  3. Unha pena ver un animal tan fermoso nesas circunstancias, moi interesante o do vernáculo para latastei!.
    Un saudo.

    ResponderEliminar