10 jul. 2010

Hotspot - val do río Támega (Verín)

Imos comezar unha nova sección herpetolóxica adicada ós hotspot herpetolóxicos de Galicia. Un hotspot é unha zona que presenta unha elevada riqueza de especies, neste caso, de anfibios e réptiles. Nós imos a darlle outro punto de vista a maiores e tamén incluiremos como hotspot determinadas zonas que, se ben non teñen un elevado número de especies, as que ten son moi interesantes.

Para min, a mellor zona de Galicia para disfrutar dos hérpetos é o val do Támega. Vivín un tempo nesta zona e levo varios anos disfrutando dela, polo que lle gardo un cariño especial.

O río Támega nace en Alberguería a uns 950 msnm (nas proximidades nacen os tres ríos máis importantes de Ourense: o Arnoia, o Limia e o propio Támega). Durante gran parte do seu percorrido atravesa vales cunha certa tendencia mediterránea pero é a partir de Castrelo do Val cando anchea a conca e entra con maior forza a influencia mediterránea que provén do sur.



O Támega ten poucos afluentes importantes. O máis importante é o río Búbal, pero dese río falaremos outro día xa que tamén é outro Hotspot que ben merece unha entrada propia.

O val do Támega presenta un total de 32 especies das cales nós puidemos detectar case todas pero aínda nos faltan algunhas. Unha que probablemente non poidamos detectar é a Chioglossa lusitanica debido a que o hábitat da especie (regatos limpos e permanentes durante gran parte do ano) están altamente degradados. Ahí van unhas cantas Nockofotos (non todas son de Verín pero si de Ourense) de especies típicamente verinesas:

Pelobates cultripes


Blanus cinereus


Chalcides striatus


Tarentola mauritanica


Psammodromus hispanicus


Timon lepidus


Malpolon monspessulanus


Rhinechis scalaris


5 comentarios:

  1. Parabéns por esta nova sección xente! (Non paras quieto Martiño, pareces unha musaraña,he,he..).
    De seguro que haberá lectores do bloge que descubran o interese que teñen sitios cercanos á súa casa e que descoñecían antes.
    Se queredes incluir tamén "COLDSPOTS" poñede en lugar destacado a terra onde me criei: Narón, a carón de Ferrol. Con unha incríble diversidade de ata 7 especies de réptiles non há ter rival nesta nova categoría.

    Un abrazo.

    Xabi

    ResponderEliminar
  2. Gracias, Xabi. A ver se pouco a pouco imos facendo entre todos máis cousiñas para mostrarlle á xente o interesante que son estes bichos e intentar mellorar o coñecemento e o estado de cconservación deles.

    PD: A ver se quedamos un día destes para dar unha volta.

    Apertas,

    Martiño

    ResponderEliminar
  3. Mañá teño outros plans e non podo, Martiño. Pero o próximo xoves collo as vacacións (un mes) e ten por seguro que vamos facer esas saídas que temos pendentes ti e máis eu (e Rafa).
    Conto con Damián tamén!.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. Hola Martiño!!
    Soy Edu de Barcelona
    Me parecen increibles tus fotos
    Dentro de unos dias voy a Escornabois de vacaciones cerca de verin y xinzo
    Podrias indicarme lugares concretos por la zona donde ver todos estos animales
    Tambien estoy buscando CHIOGLOSSA LUSITANICA
    la he buscado los tres años que he ido pero no he tenido suerte
    Si pudieses ayudarme te lo agradeceria muchisimo

    ResponderEliminar
  5. Ola,

    Disculpad la tardanza pero he estado de viaje. Como puedes observar nos dedicamos principalmente a la divulgación y a la conservación de los anfibios y reptiles de Galicia (y un poco del estranjero).

    Como grupo público nos llegan peticiones de información que contestamos si conocemos a la persona que nos las realiza. No te conocemos en persona y lo que hemos visto de ti en San Google no nos ofrece seguridad. Te dedicas a la terrariofilia y algunas veces eso va unido a captura ilegal de especies autóctonas para llevarlo a los terrarios.

    No podemos indicarte lugares exactos para ver Chioglossa ni ninguna otra especie. No podemos arriesgarnos.

    Martiño

    ResponderEliminar