20 nov. 2010

Dimorfismo sexual de Discoglossus galganoi

Na maioría das especies animais existen unha serie de diferencias de coloración, forma e tamaño entre os machos e as femias. Nos anfibios, estas diferencias, ademáis de producirse entre machos e femias tamén se dan variacións nos machos ó longo do ano. Así, na época reproductora, moitos machos teñen unhas determinadas características que logo perden (cristas, palmeaduras, coloracións aparentes, etc).

A rá da veiga é un anfibio que está presente en gran parte de Galicia aínda que a súa observación é moitas veces complicada dependendo da zona na que nos atopemos.

Normalmente, os machos son os que presentan máis características engadidas que as femias polo que comezaremos polo sexo masculino. En primeiro lugar, os machos de Discoglossus presentan uns brazos moi fortes (para agarrar a femia durante o amplexus ou cópula) e a cintura é máis delgada que a das femias (xa que estas teñen os ovos no seu interior). Aquí vemos un macho forzudo:


Por outra banda, os machos de moitas especies de anfibios (entre elas o Discoglossus galganoi) desenvolven unha serie de calosidades nupciais de cor escura e moi rugosas que parecen un 5º dedo na parte interior da man. Tamén, desenvolven unhas pintas escuras na barriga e antebrazos que son rugosas e tamén lle axudan a agarrar á femia durante o amplexus. Estas calosidades constitúen a denominada pel sexual dos anfibios.



Aquí un detalle da man e do brazo no que se pode ver as calosidades nupciais e unhas pintiñas escuras rugosas (esto síntese mellor co tacto que coa vista):



Por último, para o caso do Discoglossus galganoi, hai outra maneira de determinar o sexo do animal. Nos machos existen unhas palmeaduras moi patentes nas patas traseiras. Esta característica tamén o comparte cos machos de Lissotriton helveticus.



E aquí unha foto das palmeaduras dunha femias para comparar:

No hay comentarios:

Publicar un comentario