1 nov. 2010

III Training Day Odonatos

Neste mes de xuño celebramos o III Training Day de Odonatos e Plantas Dunares na península do Grove e Sanxenxo. Daquela non nos foi posible publicar a entrada correspondente a esta actividade, polo que sae neste mes de cores outonais.

Como xa case é imposible observar odonatos coas choivas destes días, compartimos con vos este vídeo da charla que nos ofreceu Adolfo Cordero, con quen foi un privilexio aprender moitas curiosidades do mundo destas peculiares especies.

Moitos puidemos disfrutar observando plantas dunares con Emmanuel D'Hoore. Outros nos detíñamos a sacar fotos ás orquídeas.

Epipactis palustris

Ophrys apifera

Spiranthes aestivalis

E, como remate, agradecer a Emilio Sabarís que nos mostrara a zona e recordar as estupendas navallas que nos preparou e que puidemos saborear na comida campestre en Siradella.