31 dic. 2010

Artistas e Animais II


Personaxe Libélula
de Remedios Varo


Combinadora de mundos entre a ciencia e a arte, Remedios Varo foi unha artista surrealista que traballou habelenciosamente as fantasías científicas das que podemos gozar ó contemplar os seus cadros.

Cadros cheos de animais, personaxes explorando a racionalidade nun universo de imaxinación, de natureza e de alquimia.




Personaxe libélula
, 1955

Gouache sobre cartón




E como remate deste ano 2010, queremos compartir con todos este vídeo de odonatos da viaxe a Francia e Italia a finais de xullo.



Odonatos Viaxe Francia e Italia Xullo 2010 from Anxos Romeo on Vimeo.