Gracias ás indicación que dous bos herpetólogos e compañeiros, Xabi Prieto e Manu Arzúa, nos deron hai uns días, volvemos Anxos, Rafa e máis eu a desfrutar das terras do norte de Lugo (Cordal de Neda e Serra do Buio). Hai uns días falamos do traballo de Xabi e Manu coas lagartixas das brañas do norte de Galicia (
podes ver o post clicando aquí).

Hábitat de
Zootoca vivipara e onde puidemos atopar unha larva de
Chioglossa lusitanica, adultos de
Lissotriton boscai e de
L. helveticus, larvas de
Alytes obstetricans, recén metamorfoseados de
Bufo bufo, adultos, subadultos e xuveniles de
Rana iberica e de
R. temporaria e dous adultos e un subadulto de
Zootoca vivipara.

Adulto de
Zootoca vivipara localizado na beira dunha charca. Hábitat un pouco seco para a especie pero moi próximo á auga.

Un dos moitísimos exemplares de
Rana temporaria vistos na zona. Este é un xuvenil.

Entre o Cordal de Neda (Abadín e Pastoriza) e a Serra do Buio (a cabalo entre os concellos de Valadouro, Xove, Cervo e Viveiro) percorrimos diferentes estradas e pobos. Á hora de comer paramos en A Igrexa, entre Mondoñedo e Lourenzá e puidemos observar un macho de
Lacerta schreiberi e moita
Iberolacerta monticola. Tivemos a sorte de poder ver e fotografar catro xuveniles de
I. monticola que se caracteriza por ter o rabo de cor azul.

Xa na Serra do Buio puidemos ver un adulto de
Chioglossa lusitanica. Paréceme que era a mesma que estaba hai unha semana baixo a mesma pedra cando a observamos Xabi, Manu, Anxos e máis eu.

Perdímonos un pouco pola serra do Buio (ou mellor dito, quixemos perdernos un pouco) e atopamos un bo sitio con bastante
I. monticola e
Bufo bufo. Aquí, un adulto de cor bastante clara.

E nun dos depósitos de auga atopamos este xuvenil de Alytes obstetricans próximo ó final da súa metamorfose. Estas fotos están feita cun pequeno acuário do que falaremos outro día para que poidades facer boas fotos de anfibios na auga.
Tí si que és un pedazo de herpetólogo, Martiño. E aprendimos cousas moi interesantes sobre a observación de lacértidos o outro día grazas aos teus sabios consellos.
ResponderEliminarPor certo que me chamou a atención aquel día ver tantos cágados de temporaria aínda sen metamorfosar, nunha cota tan baixa (600 m) e a primeiros de Agosto.
Unha aperta.
Ademais a zona ten ben boas posibilidades de atopar a especie en mais sitios,me alegrou moito todo en especial ver tamen os helveticus e alytes,o que si non me fijara ata ke punto teño raiado o miniacuario,hai ke facer outro,unha aperta e cuquiño post que quedou :)
ResponderEliminar