28 mar 2010

O "aire" e as píntegas

O "aire" é unha especie de envoltura máxica que posúen algunhas especies de anfibios como pode ser a píntega (Salamandra salamandra). Na tradición oral de Galicia son moi abondosas as referencias sobre o "aire" e das súas influencias sobre o ser humano. Moitas destas lendas teñen algo de verdade e, normalmente, fallan na explicación de fenómenos que son dificiles de explicar como a do "aire". En realidade o "aire" non é un halo máxico que rodea ás píntegas.

Como ben sabedes tódalas especies de anfibios galegos presentan veleno na súa pel se ben a súa perigosidade é moi limitada. Este veleno é usado como unha defensa química fronte a depredadores.

A píntega (Salamandra salamandra) e outras especies cercanas como a Salamandra atra e a Salamandra lanzai teñen as glándulas de veleno da pel rodeadas por músculo esquelético (aquel músculo asociado ó esqueleto e que fai que nos movamos). A contracción deste músculo que rodea ás glándulas de veleno que presentan na espalda fan posible que a píntega poida lanzar as súas secrecións tóxicas mediante un fino chorro entre unha distancia máxima de 44 centímetros. ata os 2 metros Este veleno pode irritar as mucosas do depredador (ollos, boca e nariz) e ata pode causar a morte por parálise respiratoria nos depredadores de menor tamaño. Aquí podedes ver unha fotografía dunha píntega lanzando veleno ó ser molestada.



1 comentario:

  1. A min me ten pasado esto de ser pulverizado por elas, a miña duda e saber se as pintegas cando botan este chorro apuntan o teorico imimigo ou e un acto reflexo no ke simplemente sale cara arriba, de onde soe provir o perigo :)

    ResponderEliminar