28 mar 2010

Como matar un lobo

Cóntovos unha lenda que me comentou o señor Antonio, veciño de Degrada (Ancares lucenses) e que a el lle recomendou un maderista de Becerreá (Lugo). Este comentario foi recollido o 17 de xullo do 2008 no bar de Pedro e Mariló na Campa da Braña, Degrada, Cervantes, Lugo.

Para poder envenenar a un lobo, debemos coller a unha víbora no monte e sen maltratala. Ademais desto, necesitamos dunha casavella (Salamandra salamandra, Píntega, Salamandra). Ambos animais póñense un diante do outro á espera de que a víbora morda varias veces á casavella. Posteriormente, debemos coller a casavella e metémola dentro dun envase metálico (unha lata ou unha pota vella). Logo poñemos a lata (e dentro dela a casavella envenenada pola víbora) ó lume ata que quede ben chamuscada. Por último, sacamos a casavella e moémola ata facer un po fino. Este po ponse sobre carne ou algo que lle guste ó lobo, da mesma maneira que se fai coa estrignina.

2 comentarios:

  1. A "Campá da Braña" un bo lugar para tomar unhas cervexas acompañados da música e a conversa que ofrece Pedro e Mariló, logo de patear as sendas de Ancares.
    O conto é estupendo, pero o triste e que a estrignina está máis do que nos pensamos no cerebro da xente, e non figurativamente.

    ResponderEliminar
  2. Quero pensar ke ninguen e tan ignorante para facer semexante animalada

    ResponderEliminar