Gracias ás indicación que dous bos herpetólogos e compañeiros, Xabi Prieto e Manu Arzúa, nos deron hai uns días, volvemos Anxos, Rafa e máis eu a desfrutar das terras do norte de Lugo (Cordal de Neda e Serra do Buio). Hai uns días falamos do traballo de Xabi e Manu coas lagartixas das brañas do norte de Galicia (podes ver o post clicando aquí).
Hábitat de Zootoca vivipara e onde puidemos atopar unha larva de Chioglossa lusitanica, adultos de Lissotriton boscai e de L. helveticus, larvas de Alytes obstetricans, recén metamorfoseados de Bufo bufo, adultos, subadultos e xuveniles de Rana iberica e de R. temporaria e dous adultos e un subadulto de Zootoca vivipara.
Adulto de Zootoca vivipara localizado na beira dunha charca. Hábitat un pouco seco para a especie pero moi próximo á auga.
Entre o Cordal de Neda (Abadín e Pastoriza) e a Serra do Buio (a cabalo entre os concellos de Valadouro, Xove, Cervo e Viveiro) percorrimos diferentes estradas e pobos. Á hora de comer paramos en A Igrexa, entre Mondoñedo e Lourenzá e puidemos observar un macho de Lacerta schreiberi e moita Iberolacerta monticola. Tivemos a sorte de poder ver e fotografar catro xuveniles de I. monticola que se caracteriza por ter o rabo de cor azul.
Xa na Serra do Buio puidemos ver un adulto de Chioglossa lusitanica. Paréceme que era a mesma que estaba hai unha semana baixo a mesma pedra cando a observamos Xabi, Manu, Anxos e máis eu.
Perdímonos un pouco pola serra do Buio (ou mellor dito, quixemos perdernos un pouco) e atopamos un bo sitio con bastante I. monticola e Bufo bufo. Aquí, un adulto de cor bastante clara.
Tí si que és un pedazo de herpetólogo, Martiño. E aprendimos cousas moi interesantes sobre a observación de lacértidos o outro día grazas aos teus sabios consellos.
ResponderEliminarPor certo que me chamou a atención aquel día ver tantos cágados de temporaria aínda sen metamorfosar, nunha cota tan baixa (600 m) e a primeiros de Agosto.
Unha aperta.
Ademais a zona ten ben boas posibilidades de atopar a especie en mais sitios,me alegrou moito todo en especial ver tamen os helveticus e alytes,o que si non me fijara ata ke punto teño raiado o miniacuario,hai ke facer outro,unha aperta e cuquiño post que quedou :)
ResponderEliminar