Víñamos de realizar unhas mostraxes na zona de Trevinca
Adolfo Cordero, Anxos Romeo e máis eu e íamos durmir ó
Trisquel, aloxamento que está na aldea de Vilanova que se sitúa nas proximidades de Xares. Indo no coche cara o hotel, na estrada situada entre A Ponte e Vilanova tivemos a enorme sorte de ver un fermoso teixugo que se escapaba de nós.
A sorpresa foi maiúscula cando vimos o que andaba facendo antes de interrumpilo. Alí, no medio da estrada, unha pobre víbora de Seoane (
Vipera seoanei) comezada a comer polo rabo e coas tripas por fora. A víbora xa estaba morta aínda que conservaba algún movemento involuntario. Unha foto do exemplar depredado:
E unha foto en detalle da cabeza:
Logo marchamos, deixando alí o cadaver da Seoane. Pola mañá volvimos a pasar polo lugar e a víbora xa non estaba, probablemente comida polo teixugo que volveu a recuperar a súa captura trala nosa interrupción.
PD: a posteriori á publicación inicial deste post, inclúo unha foto en detalle da cabeza do exemplar para que se poida ver a fragmentación das placas cefálicas.