A xornada comezou ás 11 da mañá, nas beiras do Río Miño, ao pé da Casa das Ínsuas en Rábade, onde poidemos observar varias especies, propias dos cauces fluviais.
Nesta zona era moi abondoso o Calopteryx xanthostoma, na fotografía anterior vemos un grupo de machos desta especie, na seguinte imaxe temos unha toma máis próxima dun deles.
No final do abdome obsérvase unha pinza, que os machos empregan para agarrar ás femias polo pescozo e levalas, voando, a unha percha. Poidemos observar a forma única de reproducción destos animais (libeliñas e cabaliños do demo), nas que a femia, suxeita polo macho, encorva o seu abdome ata poñer en contacto o extremo do mesmo co almacén temporal de esperma do macho, situado na parte anterior do abdome. O esperma foi trasladado polo macho a este almacén previamente ao "rapto" da femia. Neste mesmo punto puidemos observar este comportamento:
Compartindo o hábitat con C.xanthostoma atopamos a dúas especies do xénero Platycnemis: P. latipes e P. acutipenis. O epíteto "latipes" fai referencia aos "anchos pes" destes animais. Particularmente os machos da especie presentan unhas tibias expandidas lateralmente e rematadas en cerdas coas que forman unha eficaz cesta (que nos lembra as follas da atrapamoscas Dionaea) para a caza ao voo das súas presas.
A continuación desprazamonos á Lagoa do Rei, onde nos agardaba unha desagradable sorpresa: toda a orla de vexetación fora eliminada con maquinaria. No momento no que libeliñas, rás, sapos e outras criaturas pasan o momento máis delicado da súa vida: o paso da vida acuática á terrestre e outros animais, como as aves, usan tamén o refuxio que proporciona a vexetación das beiras para criar os seus polos, este manto protector foi arrasado, metendo a maquinaria incluso dentro da lagoa:
Atopamos adultos e metamórficos de rá verde (Pelophylax perezi) e rela (Hyla arborea) tratando de sobrevivir nun entorno sen o verde que os camuflaba nin a humidade que precisan. E tamén unha posible zona de cría de parrulos arrasada, non sabemos se cando os polos aínda estaban no niño.
Ao ter desaparecido a área principal de refuxio achegámonos aos prados do entorno da lagoa, que albergan unha comunidade de invertebrados moi diversa, incrementada neste momento polos emigrantes supervivintes da orla da lagoa. Entre outros observamos Lestes virens (1), Coenagrion scitulum (2), Sympecma fusca e tamén belas bolboretas, diurnas e nocturnas (4)
O almorzo, na carballeira de Santa isabel, á beira do Miño, estivo salpicado de choiva e raios de sol que aproveitamos para atopar libeliñas, algunhas capeando a choiva, como unha femia de Platycnemis acutipenis (1), outras con dificultades para voar, co peso adicional das pingas de auga, coma esta femia de Onycogomphus uncatus (2) e outras servindo de almorzo ás abondosas femias da araña tigre (Argiope bruennichi), 3.
Case finalizando a saída achegámonos ás areeiras de Riocaldo, onde, entre outras especies, poidemos observar varios individuos de Anax imperator, neste caso unha femia alimentándose dun abellón
Tamén en Riocaldo, e para por o broche de ouro á xornada, atopamos á xoia da coroa, Oxygastra curtisii, única especie no mundo do xénero Oxygastra e sempre un animal escaso e difícil de observar.
As especies vistas e identificadas na xornada recollense na seguinte táboa:
Especies identificadas no Training Day Odonatos 2013
(Terrá Chá)
|
|
ZYGOPTEROS
|
ANISOPTEROS
|
Calopteryx virgo
|
Anax imperator
|
Calopterys xanthostoma
|
Boyeria irene (exuvia)
|
Lestes dryas
|
Gomphus pulchellus
|
Lestes virens
|
Onycogomphus uncatus
|
Lestes viridis
|
Cordulegaster boltonii (exuvia)
|
Sympecma fusca
|
Oxygastra curtisii
|
Coenagrion puella
|
Crocothemis erythraea
|
Coenagrion scitulum
|
Ortethrum cancellatum
|
Platycnemis acutipennis
|
Sympetrum fonscolombii
|
Platycnemis latipes
|
Sympetrum striolatum
|
Enallagma cyathigerum
|
|
Pyrrhosoma nymphula
|
|
汽車分期車增貸
ResponderEliminar車貸可以降息
他行汽車代償轉貸增貸
降低利息
車貸降息免煩惱
14年車銀行汽車貸款
可辦汽車貸款未過件
銀行車輛貸款
中古車銀行貸款
台灣博彩
ResponderEliminar免費手機鈴聲下載
正妹美女圖
漂亮荷官
080視訊聊天室
通博最新手遊
試玩輪盤
a片情報站
色情老師
露點走光
ResponderEliminar射在高跟鞋
情色影片線上免費看
通博現金網
運彩投注
線上輪盤
視訊交友聊天室
網路主播影音視訊秀
視訊做愛