7 abr 2013

Training Day Hérpetos do Grove e Save the Frogs Day

Retomamos un ano máis os Training Days coa organización dunha xornada de campo na península de O Grove para a observación de anfibios e Réptiles. Tamén, con motivo da celebración do 5º Save the Frogs, faremos coincidir esta xornada para reinvindicar a conservación e estudo dos anfibios de Galicia. Este evento comezará o sábado 27 de abril ás 11:00 no aparcamento (antigo aeródromo) da Lanzada e visitaranse diferentes zonas da península do Grove. Coma sempre, organizan esta actividade as asociacións Saramaganta, Drosera, Numenius, G. N. Hábitat e a AGCT.

Adxuntamos o cartel para máis información.



Coma sempre:

Os Training Days son gratuítos pero non se cubre ningún gasto. É obrigatorio solicitar reserva de prazas debido a que hai prazas limitadas. Enviádenos un correo co voso nome e un teléfono móbil (necesario por seguridade e para quedar no punto de encontro).

Os desprazamentos levaranse a cabo en vehículos propios. Como a orixe de cada persoa é dun lugar diferente de Galicia é imposible o aluguer dun autobús. Indicádeme o lugar de orixe, se dispoñedes de vehículo propio e se este ten prazas libres para agrupar ós participantes no menor número posible de coches. Recordade que debemos minimizar o gasto de combustibles fósiles e a emisión de CO2 á atmosfera.

Para a comida recomendamos levar bocata ou similar para non gastar moito tempo. Non pararemos en ningún lugar para facer compra polo que a comida debe traerse de casa. Non vos esquezades da bebida nin de roupa de abrigo.

Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nós en calquera momento.

Martiño Cabana Otero
630-948293
mcohyla@yahoo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario