15 jun 2011

Training Days - Odonatos no val de Lemos

O vindeiro 25 de xuño do presente ano, as asociacións Saramaganta, Drosera, Numenius, G. N. Hábitat e a AGCT, dentro das actividades realizadas dentro do Centro de Conservación e Estudo da Natureza “Casa das Ínsuas”, organizan un novo Training Day para o disfrute e mellora do noso coñecemento sobre a comunidade de odonatos do val de Lemos (Monforte e arredores). Para a realización desta actividade contaremos cos amplos coñecementos de Adolfo Cordero da EEF da Universidade de Vigo.

Realizaremos unha visita ás principais zonas húmidas da zona prestando atención ás diferentes especies de odonatos presentes na zona.

Este Training Day realizarase o dia 25 de xuño (sábado) as 11:00 en Ribasaltas. Aquí pódese ver o mapa do lugar de quedada:

http://goo.gl/maps/wBqf

Coma sempre:

Os Training Days son gratuítos pero non se cubre ningún gasto. É obrigatorio solicitar reserva de prazas debido a que hai prazas limitadas. Enviádeme un correo co voso nome e un teléfono móbil (necesario por seguridade e para quedar no punto de encontro).

Os desprazamentos levaranse a cabo en vehículos propios. Como a orixe de cada persoa é dun lugar diferente de Galicia é imposible o aluguer dun autobús. Indicádeme o lugar de orixe, se dispoñedes de vehículo propio e se este ten prazas libres para agrupar ós participantes no menor número posible de coches. Recordade que debemos minimizar o gasto de combustibles fósiles e a emisión de CO2 á atmosfera.

Para a comida recomendamos levar bocata ou similar para non gastar moito tempo. Non pararemos en ningún lugar para facer compra polo que a comida debe traerse de casa. Non vos esquezades da bebida.

Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nós en calquera momento.

Martiño Cabana Otero
Tellado, 8 Romeán (Lugo)
27141 LUGO
630-948293