Víñamos de realizar unhas mostraxes na zona de Trevinca Adolfo Cordero, Anxos Romeo e máis eu e íamos durmir ó Trisquel, aloxamento que está na aldea de Vilanova que se sitúa nas proximidades de Xares. Indo no coche cara o hotel, na estrada situada entre A Ponte e Vilanova tivemos a enorme sorte de ver un fermoso teixugo que se escapaba de nós.
A sorpresa foi maiúscula cando vimos o que andaba facendo antes de interrumpilo. Alí, no medio da estrada, unha pobre víbora de Seoane (Vipera seoanei) comezada a comer polo rabo e coas tripas por fora. A víbora xa estaba morta aínda que conservaba algún movemento involuntario. Unha foto do exemplar depredado:
A sorpresa foi maiúscula cando vimos o que andaba facendo antes de interrumpilo. Alí, no medio da estrada, unha pobre víbora de Seoane (Vipera seoanei) comezada a comer polo rabo e coas tripas por fora. A víbora xa estaba morta aínda que conservaba algún movemento involuntario. Unha foto do exemplar depredado:
E unha foto en detalle da cabeza:
Logo marchamos, deixando alí o cadaver da Seoane. Pola mañá volvimos a pasar polo lugar e a víbora xa non estaba, probablemente comida polo teixugo que volveu a recuperar a súa captura trala nosa interrupción.
PD: a posteriori á publicación inicial deste post, inclúo unha foto en detalle da cabeza do exemplar para que se poida ver a fragmentación das placas cefálicas.
Non deixa de dar pena,para un amante dos anfibios e reptis coma min,pero e ley de vida,impresionante documento,parabens :)
ResponderEliminarEstou vendo a foto... e se non V.S. cantábrica que baixe Deus e me explique por qué. Non son capaz de apreciar a fragmentación das famosas escamas cefálicas, pero desde logo que as diferenzas cromáticas desta bicha coas Seoanei ferroláns é brutal. Aquí sí que vexo características dabondo para segregación en grao de especie. Porque noutros casos (herpetoloxía, mastozooloxía,..) segregar unha especie por "diferencias de cromosomas" é algo surealista (venme á cabeza un caso de Pytimis).
ResponderEliminar¿Cómo considerades a ésta da foto os especialistas e por qué?
Unha aperta
Ola,
ResponderEliminarO concepto de especie é unha cousa bastante complicada. Se aceptamos a definición tradicional de especie ("grupo de organismos capaces de producir descendencia fértil") si que podemos aceptar que se segreguen especies en función de diferencias macroscópicas dos cromosomas. Imaxinemos que por unha determinada mutación nunha poboación, un par de cromosomas se convirten en dous pares. Entonces, os individuos con máis cromosomas non se poderían reproducir cos individuos con menos cromosomas debido a que non se emparellan da maneira adecuada. Nos insectos, ás veces, un simple cambio na morfoloxía do edeago (órgano similar ó pene) pode evitar que un grupo de individuos se reproduza con outro grupo polo que se poderían considerar especies diferentes. Como digo, o concepto especie é moi complexo e non é unha cousa fácil de definir.
Volvendo o tema da cantabrica, podedes ver a descrición orixinal d subespecie neste enlace:
http://www.aranzadi-zientziak.org/fileadmin/docs/Munibe/1983087088.pdf
A ver se fago unha revisión deste artigo e o meto no blog. Deixádeme uns dias.
O das escamas cefálicas é dificil de ver moitas veces se non se ten unha foto en detalle ou se o exemplar é escuro. Na subespecie cantabrica, as placas cefálicas están fragmentadas, á diferencia da nominal que as ten parecidas as de unha cobra. Por outra banda, tamén é descritor o número de escamas ventrais, sendo maior na subespecie cantabrica. A coloración na subespecie cantabrica presenta un deseño de zig-zag de liñas estreitas sobre un fondo grís ou pardo-grisáceo. Por outra banda, a presenza de individuos melánicos é moi frecuente, en especial, nas zonas de alta montaña.
Unha aperta,
Martiño
¡Que buena entrada! Esos son los días de campo que crean afición, pues no todas los días se ve un tasugo devorando una seoane.
ResponderEliminarUnha aperta (ah y perdón por mi gallego, jejeje)