29 sept 2010

Cal é a superficie dunha cuadrícula de 10x10 qm? (2ª parte)

Logo do comentario de Rubén Portas comentando que hai moitas cuadrículas que teñen unha superficie real (chamada en topografía superficie absoluta) maior á que teñen sen contar a topografía da zona (denominada superficie reducida). Como é lóxico pensar, non ten a mesma superficie real unha porción de 1x1 km na Terra Chá que nos Ancares.

Pois, xogando un pouco con ArcGIS e co SRTM da NASA calculei un mapa a nivel de 10x10 qm no cal se mostra o factor de corrección que se debe realizar para transformar unha superficie reducida nunha absoluta:


Como vedes, as zonas en azul son as que teñen menos pendiente e canto máis cálido sexa a cor máis pendente teñen e maior é o factor de corrección.

E aquí mostro o mapa da superficie absoluta (real) das diferentes cuadrículas de Galicia. Como pode verse hai unhas cantas cuadrículas de 10x10 Qm que teñen máis de 100 Qm^2.

3 comentarios:

  1. Interesante asunto que evidencia a dificultade de utilizar estándares sen normalizar (adaptar) para estudios comparados. Para non falar do efecto de mosaico extremos coma unha cadrícula 10x10 km do país fronte a outra da Mancha, por exemplo.
    Noraboa polo exercicio!

    ResponderEliminar