20 nov. 2010

Dimorfismo sexual de Discoglossus galganoi

Na maioría das especies animais existen unha serie de diferencias de coloración, forma e tamaño entre os machos e as femias. Nos anfibios, estas diferencias, ademáis de producirse entre machos e femias tamén se dan variacións nos machos ó longo do ano. Así, na época reproductora, moitos machos teñen unhas determinadas características que logo perden (cristas, palmeaduras, coloracións aparentes, etc).

A rá da veiga é un anfibio que está presente en gran parte de Galicia aínda que a súa observación é moitas veces complicada dependendo da zona na que nos atopemos.

Normalmente, os machos son os que presentan máis características engadidas que as femias polo que comezaremos polo sexo masculino. En primeiro lugar, os machos de Discoglossus presentan uns brazos moi fortes (para agarrar a femia durante o amplexus ou cópula) e a cintura é máis delgada que a das femias (xa que estas teñen os ovos no seu interior). Aquí vemos un macho forzudo:


Por outra banda, os machos de moitas especies de anfibios (entre elas o Discoglossus galganoi) desenvolven unha serie de calosidades nupciais de cor escura e moi rugosas que parecen un 5º dedo na parte interior da man. Tamén, desenvolven unhas pintas escuras na barriga e antebrazos que son rugosas e tamén lle axudan a agarrar á femia durante o amplexus. Estas calosidades constitúen a denominada pel sexual dos anfibios.



Aquí un detalle da man e do brazo no que se pode ver as calosidades nupciais e unhas pintiñas escuras rugosas (esto síntese mellor co tacto que coa vista):



Por último, para o caso do Discoglossus galganoi, hai outra maneira de determinar o sexo do animal. Nos machos existen unhas palmeaduras moi patentes nas patas traseiras. Esta característica tamén o comparte cos machos de Lissotriton helveticus.



E aquí unha foto das palmeaduras dunha femias para comparar:

18 nov. 2010

Excelente Libro de Anfibios de Portugal

Boas xente.

Armando Caldas, un amigo meu, acaba de sacar unha excelente e fermosa guía fotográfica de Anfibios de Portugal. Póñovos aquí un enlace no que podedes ver un extracto do libro. Tamén, como nota interesante, hai unha excelente sección de fotos de tódalas larvas de anuros e urodelos portuqueses. Esta obra recolle as 14 especies de anfibios lusos, unha obra dun gran fotógrafo e mellor naturalista e persoa. Os interesados contactade a través da súa conta de Flickr.

Un saudo a tod@s :)

http://www.flickr.com/photos/8793530@N03/5110812663/

1 nov. 2010

A termorregulación das lagartixas

Ó animal de sangue frío frecuentemente gústalle tomar o sol para quentarse e incrementar a súa taxa de metabolismo. Mentres se asolean, os réptiles déitanse perpendicularmente á dirección do sol para maximizar a cantidade de luz solar que incide sobre a súa pel. Escurecen a pel para absorber máis calor e expanden a súa caixa torácica para incrementar a área do corpo exposto ó sol.
Aquí un exemplo deste aplanamento do corpo dunha Iberolacerta monticola asoleándose a mediados de outubro en San Salvador de Toldaos, Triacastela.

III Training Day Odonatos

Neste mes de xuño celebramos o III Training Day de Odonatos e Plantas Dunares na península do Grove e Sanxenxo. Daquela non nos foi posible publicar a entrada correspondente a esta actividade, polo que sae neste mes de cores outonais.

Como xa case é imposible observar odonatos coas choivas destes días, compartimos con vos este vídeo da charla que nos ofreceu Adolfo Cordero, con quen foi un privilexio aprender moitas curiosidades do mundo destas peculiares especies.

Moitos puidemos disfrutar observando plantas dunares con Emmanuel D'Hoore. Outros nos detíñamos a sacar fotos ás orquídeas.

Epipactis palustris

Ophrys apifera

Spiranthes aestivalis

E, como remate, agradecer a Emilio Sabarís que nos mostrara a zona e recordar as estupendas navallas que nos preparou e que puidemos saborear na comida campestre en Siradella.