13 feb. 2011

Liberación de tritóns incautados

A semana pasada tivemos o pracer de asistir Rafa e máis eu a liberación dun dos tritóns incautados pola Garda Civil días atrás. Como recordaredes, detectouse a venta por internet dunha parella de tritóns verdes (Triturus marmoratus) e logo de poñelo en coñecemento da Garda Civil, esta procedeu á incautación destes exemplares. Estes exemplares estaban nunha piscina do vendedor pero só se puido detectar un exemplar femia xa que o macho debeu escapar.

Posteriormente, este exemplar foi enviado ó Centro de Recuperación de Oleiros e uns días despois, nas portas do Centro, apareceu un novo exemplar dentro dun tapper deixado por unha persoa que o mantiña en catividade. Este feito foi froito da difusión desta nova na TVG e en diferentes xornais.

Novas publicadas sobre este tema:

ABC

La Voz de Galicia

La Opinión de A Coruña

Polo tanto, rescatáronse dous exemplares, ambas femias, de tritóns verde que se liberaron nunha zona con presenza da especie xa que non se puido saber de onde eran os exemplares.


Momento de liberación dos exemplares con Rafa e persoal do
Centro de Recuperación de Oleiros.


Exemplar liberado na auga.


Exemplar liberado na auga.

Grazas a tódalas persoas que participaron neste tema, en especial ó Seprona, o Centro de Recuperación de Oleiros, a Fernando Rodríguez, a José Otero e a Rafa Vázquez.