16 abr. 2010

Mortalidade masiva no encoro do Pontillón do Castro, Xeve, Pontevedra

A compañeira Lupe Bicos infórmanos na súa conta de Flickr sobre a mortalidade masiva de pintafontes verde (Triturus marmoratus) e pintafontes común (Lissotriton boscai).



Link da nova na Voz de Galicia.

A dia de hoxe descoñecemos realmente que está a suceder neste encoro. Esperemos que se atope o foco de contaminación e este sexa erradicado.

Gracias a Lupe Bicos polo envío destas fotos e por permitirnos publicalas no blog e, como non, por difundir esta mala noticia coa intensidade que se merece.

Sobre a uniformidade cromática dos anfibios

Moitas veces, cando estamos a aprender a identificar os anfibios buscamos nas nosas guías de campo a especie que desexamos identificar. Normalmente, todo o mundo se fixa nas fotos, que son moi intuitivas e rápidas. Sen embargo, as guías conteñen un número finito de fotos e habitualmente só traen aquelas fotos de individuos "normais". Pero a natureza non é nin lisa nin uniforme. Aquí vai unha pequenísima selección de nockofotos do sapo corredor (Bufo calamita) para que poidades observar que non todo é o que ven nas guias de campo:









14 abr. 2010

Xemas preciosas en Anuros

Como si de pedras preciosas se tratara e como unha mais das moitas maravillas que nos ofrece a natureza, están os ollos dos anuros. Por anuros enténdese ras e sapos. Os ollos, como sabemos, cumplen a función visual en todo ser vivo e tamen son unha seña inconfundible de cada especie animal.

Os ollos dos anuros son grandes xa que este tipo de animais cazan coa vista e teñen unha boa vision. De feito, existen tamén diversos tipos de pupilas segundo a actividade e uso en xeral da especie. Así, as pupilas verticais son típicas de especies nocturnas ou crepusculares coma os Sapiños comadróns (Alytes) ou os Sapos de esporóns (Pelobates) xa que estas pupilas permiten unha mellor entrada de luz en ambientes escuros. Noutros caso poden ser redondas como no caso de especies diurnas como as Ras verdes (Pelophylax) ou as Ras de San Anton (Hyla). De tódolos xeitos esto é moi relativo xa que moitas destas especies teñen diferentes tipos de acitividade segundo a epoca do ano. Caso aparte están as pupilas non redondas de todo, con forma elíptica como as do Sapiño pinto (Discoglossus).

A continuacion veremos estas pequenas pedras preciosas que son os ollos dos nosos anuros galegos.

Sapo común (Bufo bufo)


Sapo corriqueiro (Bufo calamita)


Sapiño comadron (Alytes obstetricans)


Sapo de esporóns (Pelobates cultripes)


Sapiño pinto (Discoglossus galganoi)


Ra de San Antón (Hyla arborea)


Ra verde (Pelophylax perezi)


Ra dos regos (Rana iberica)


Ra vermella (Rana temporaria)

6 abr. 2010

Coloracions ventrais en macho de Lagartixa de Bocage (Podarcis bocagei)

A Lagartixa de Bocage é a especie mellor representada na nosa comunidade, levando tamén de feito o nome de Lagartixa galega. As femias soen ser pardas e os machos adultos pola contra soen ter tons verdosos. Este pequeno saurio podese atopar en diversos hábitats, tales como construccións humanas, muros de pedra, canteiras, etc. Cando se está en Galicia sobre todo no norte e vemos unha lagartixa correndo nun muro ou tomando o sol nunha pedra, e mais que probable que se trate desta especie aqui representada. Na época de celo os herpetos lucen as súas mellores cores o entrares a epoca de celo e as Lagartixas de Bocage non son unha excepcion o respeto, neste apartado poremos 3 fotos ventrais de coloracion de machos de Podarcis bocagei :)


En primeiro termo un macho de Corrubedo (A Coruña) de coloracion branca (Pouco habitual nesta especie).


Aqui temos un macho de coloracion ventral amarela, os máis tipicos polo norte da súa distribución, un macho de As Paxareiras (A Coruña).


Por último, temos este exemplar de coloracion laranxa de Esposende (Portugal). Parece ser a coloracion máis frecuente, polas zonas máis ó sur da súa distribución, aínda que tamén temos atopado exemplares destes polo norte:)

5 abr. 2010

Albinismo en Blanus cinereus

O albinismo é unha anomalía pigmentaria pouco frecuente en réptiles, aínda que podemos atopar diversas observaciones de réptiles albinos na Península Ibérica. Describíronse os albinismos (parciais ou totais) de Mauremys leprosa, Podarcis cf. muralis, Timon lepidus e Natrix maura no territorio peninsular, aínda que tamén noutras especies que habitan a Península citáronse casos de albinismo fora do territorio ibérico.

Nunha poboación de escouparón cego (Blanus cinereus) do sur de Galicia (comarca de Verín, Ourense: 29T PG24 e PG34) púidose comprobar que o 21.9 % dos individuos observados presentaba albinismo parcial con diferente grao de extensión (n=32). Esta Nockoimaxe dun exemplar albino de Blanus cinereus acompañado doutro exemplar de coloración normal atopados no Parque Rexional da Conca Alta do Manzanares.

Nos réptiles, o albinismo é unha anomalía pigmentaria pouco frecuente. Isto pode ser debido á baixa supervivencia dos individuos albinos pola súa alta detectabilidade ante os depredadores e á dificultade na termorregulación helioterma (captando directamente os raios do sol) ao presentar unha coloración con baixa capacidade de absorción dos raios solares.

Con todo, a actividade fosorial de Blanus cinereus permitiría a supervivencia destes exemplares albinos debido a que están ocultos baixo terra para os depredadores e que a termorregulación realízase principalmente por tigmotermia (captando a calor que provén dun material quente, como pode ser unha pedra ao sol), saíndo en poucas ocasións ao exterior, o que permitiría a supervivencia dos exemplares albinos.

Extraído, modificado e traducido de: Cabana, M. & Vázquez, R. 2008. Albinismo parcial y total de Blanus cinereus (Vandelli, 1797) en la Península Ibérica. Boletín de la Asociación Herpetológica Española, 19: 39-40.

4 abr. 2010

Training Days

Desde a Asociación Saramaganta estamos a organizar unha serie de actividades no campo para os naturalistas galegos. Xunto coa colaboración do Grupo Naturalista Hábitat, Drosera e Numenius, presentamos os Training Days e invitámosvos a participar neles.

Os Training Days son unhas actividades no campo que se desenvolven nos países anglosaxóns. Estas saídas ó campo tratan de ensinarlle ós naturalistas alleos a un determinado taxón o traballo que desenvolven os investigadores con esas especies. Para iso, realizarase unha saída práctica ó campo acompañado por un ou varios especialistas no estudo dun determinado taxón para ver como se traballa con eles e poder observar unha serie de especies. Os Training Days que propoñemos versarán sobre os anfibios e réptiles, bolboretas diurnas, odonatos, morcegos, etc de Galicia. Estas saídas realizaranse durante os meses de abril a setembro coincidindo co último fin de semana de cada mes.

No primeiro Training Day (mes de abril) proponse unha saída para poñer en práctica os diferentes métodos de campo existentes para o estudo dos anfibios e réptiles. Esta saída terá como obxectivo a visita do val do Támega (zona de Verín, sur de Ourense) durante os días 24 e 25 de abril (sábado e domingo).

O val do Támega é a zona de maior riqueza de especies de hérpetos de Galicia, contando cun total de 32 especies, sendo algunhas delas exclusivas ou case exclusivas desta zona de Galicia. Se ben non podemos asegurar a observación de ningunha especie en concreto é probable que se poidan observar especies escasas ou moi localizadas en Galicia como o Blanus cinereus, Psammodromus hispanicus, Tarentola mauritanica ou Chalcides bedriagai.

Poñeremos en práctica os diferentes tipos de mostraxe que os herpetólogos usamos de maneira habitual como pode ser a observación de lagartos e lagartixas asoleándose, busca de individuos baixo refuxios (pedras, troncos, etc), prospección con rede de charcas, escoitas nocturnas de anuros (Hyla arborea, Bufo calamita, Alytes obstetricans, Bufo bufo, etc) e busca de Tarentola mauritanica de noite (se a temperatura da xornada é a adecuada).

Esta saída será guiada por unha serie de herpetólogos e naturalistas: Martiño Cabana, herpetólogo que traballa en distribución e conservación, en especial, de especies mediterráneas de Galicia; Ricardo Ferreiro, herpetólogo pertencente ao Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva e que traballa en estudos de conservación de especies endémicas e ameazadas; Rafael Vázquez, herpetowatcher con amplos coñecementos da herpetofauna ibérica e Xosé Ramón Reigada, naturalista verinés con grandes coñecementos de aves e herpetos do sur de Ourense. Todos nós estaremos encantados en mostrarvos o noso modo de traballo diario e que coñezades unha interesante zona de Galicia e a súa herpetofauna.

Esta saída realizarase os días 24 e 25 de abril (sábado e domingo) pernoctando no albergue de Vilarello de Cota (Vilardevós). Os desplazamentos entre os diferentes lugares de mostraxe realizaranse en coches particulares.

Se desexades participar nestas actividades ou obter máis información podedes poñervos en contacto co organizador :

Martiño Cabana
mcohyla@yahoo.es

Asociación Saramaganta
www.saramaganta.org