O albinismo é unha anomalía pigmentaria pouco frecuente en réptiles, aínda que podemos atopar diversas observaciones de réptiles albinos na Península Ibérica. Describíronse os albinismos (parciais ou totais) de Mauremys leprosa, Podarcis cf. muralis, Timon lepidus e Natrix maura no territorio peninsular, aínda que tamén noutras especies que habitan a Península citáronse casos de albinismo fora do territorio ibérico.
Nunha poboación de escouparón cego (Blanus cinereus) do sur de Galicia (comarca de Verín, Ourense: 29T PG24 e PG34) púidose comprobar que o 21.9 % dos individuos observados presentaba albinismo parcial con diferente grao de extensión (n=32). Esta Nockoimaxe dun exemplar albino de Blanus cinereus acompañado doutro exemplar de coloración normal atopados no Parque Rexional da Conca Alta do Manzanares.
Nos réptiles, o albinismo é unha anomalía pigmentaria pouco frecuente. Isto pode ser debido á baixa supervivencia dos individuos albinos pola súa alta detectabilidade ante os depredadores e á dificultade na termorregulación helioterma (captando directamente os raios do sol) ao presentar unha coloración con baixa capacidade de absorción dos raios solares.
Con todo, a actividade fosorial de Blanus cinereus permitiría a supervivencia destes exemplares albinos debido a que están ocultos baixo terra para os depredadores e que a termorregulación realízase principalmente por tigmotermia (captando a calor que provén dun material quente, como pode ser unha pedra ao sol), saíndo en poucas ocasións ao exterior, o que permitiría a supervivencia dos exemplares albinos.
Extraído, modificado e traducido de: Cabana, M. & Vázquez, R. 2008. Albinismo parcial y total de Blanus cinereus (Vandelli, 1797) en la Península Ibérica. Boletín de la Asociación Herpetológica Española, 19: 39-40.
Extraído, modificado e traducido de: Cabana, M. & Vázquez, R. 2008. Albinismo parcial y total de Blanus cinereus (Vandelli, 1797) en la Península Ibérica. Boletín de la Asociación Herpetológica Española, 19: 39-40.
No hay comentarios:
Publicar un comentario