Aqui os dejo la web de Honorio, un chico Segoviano apasionado de la naturaleza. Merece la pena echarle un ojo, sin duda :)
http://www.montesdevalsain.es/
30 jun 2010
17 jun 2010
Barra, Viñó e Nerga, paraíso herpetolóxico costeiro
O día 12 de xuño estivemos Anxos, Rafa, Vero e un servidor por terras pontevedresas buscando hérpetos nas praias, dunas e zonas de interior de Barra, Viñó e Nerga (Cangas, Pontevedra). Aqui van algunhas fotos da mostraxe.
Cerquiña destas cobras había unha prima súa. unha Natrix natrix.
E aquí algúns dos peixes que habia na zona que parece que só ten comunicación co mar na marea alta.
Outra cobra que puidemos observar é a Coronella girondica. Este xuvenil estaba asoleándose nunha senda a última hora da tarde.
Un dos mellores achádegos foi atopar o Chalcides bedriagai na zona. Esta especie está a sufrir uns graves declives nas súas poboacións costeiras galegas debido a que habita principalmente zonas dunares que frecuentemente son colonizadas por chiringuitos e paseos marítimos.
Un macho e unha femia de Timon lepidus vivían baixo dun neumático traído pola marea.
Tamén puidemos observar Psammodromus algirus na zona de trasduna, que consiste nun enorme piñeiral aficado sobre area. Este animal, ó intentar capturalo, rubiu por un piñeiro intentando escapar de nós. Este comportanmento tamén o puidemos observar en Podarcis bocagei na zona de Verín (a mellor zona herpetolóxica de Galicia con máis de 30 especies e na que nós xa puidemos atopar 25 especies).
Un macho de Anguis fragilis foi unha dos nosos últimos achádegos. Fixádevos nas pintas de cor azul características dos machos máis vellos.
E aquí vai un subadulto de Anguis fragilis de cor roxizo.
Tamén debemos comentar que puidemos observar seis individuos de cobregón, Malpolon monspessulanus, pero que non puidemos capturar para fotografar. Desde logo, a abundancia do cobregón nesta zona é de moito interese.
7 jun 2010
2 jun 2010
Una muy buena web sobre víperidos ibéricos
Aqui os dejo para ver, y si quereis colaborar, la web de Juan Timms un amigo valenciano, gran aficionado y conocedor de nuestras víboras. Espero que os guste la web :)
www.viborasdelapeninsulaiberica.com
31 may 2010
III Xornadas da SECEMU
As III Jornadas de la Asociación Española para la Conservación y Estudio de los Murciélagos (SECEMU) vanse a celebrar en Galicia. Estas xornadas pretenden ser un punto de reunión e posta en común sobre o avance das tecnoloxías no estudo dos morcegos e están abertas a calquera persoa, experta ou non, que teña interese nas novas tendencias de estudo deste grupo animal. Nas xornadas participasen algúns dos investigadores máis experimentados de Europa e realizaranse mesas redondas nas que se comentasen protocolos, materiais e métodos utilizados e as súas vantaxes e inconvenientes.
Máis información: enlace.
29 may 2010
Training Day - Enciña da Lastra
O pasado sábado, 22 de maio, puidemos desfrutar dunha magnífica xornada de campo na zona de Valdeorras, dentro dos Training Days, impulsados dende Saramaganta, coa colaboura de Hábitat, Drosera e Numenius.
Xuntanza inicial na que Rafael Estévez comenta os aspectos máis importantes do entorno elexido, mentres un ourol canta no val e varios abellarucos e dúas águias cobreiras nos sobrevoan.
Acompañounos un excelente clima, igual algo quente de máis, e os coñecementos e grande capacidade didáctica de Rafael Estévez e José Gándara, que durante toda a actividade se encargaron non só de identificar as ducias de diferentes especies de bolboretas que se puideron observar, senon de aportar información sobre a súa bioloxía, ecoloxía e conservación. Ademáis, con gran paciencia, axudaban a identificar os individuos que lles presentabamos a través dos visores das cámaras, que traballaron a reo ese día, comentando técnicas e trucos para conseguir boas fotografias.
Os prados altos destas terras conteñen unha grande biodiversidade, da que, o longo do dia, puidemos ver numerosos exemplos.
Os afloramentos calizos, o clima mediterráneo e a presenza de prados fan da Comarca de Valdeorras a rexión xeográfica galega de maior riqueza en orquídeas. Agradecer a François Flores e a Rafael Estévez a súa axuda na identificación no campo (se se cola algún erro de certo será meu).
A primeira que contemplamos foi a Orchis provincialis, unha especie algo escasa e que causou bastante sorpresa e interese.
Os afloramentos calizos, o clima mediterráneo e a presenza de prados fan da Comarca de Valdeorras a rexión xeográfica galega de maior riqueza en orquídeas. Agradecer a François Flores e a Rafael Estévez a súa axuda na identificación no campo (se se cola algún erro de certo será meu).
A primeira que contemplamos foi a Orchis provincialis, unha especie algo escasa e que causou bastante sorpresa e interese.
Moi preto, esta Aceras anthropophorum (literalmente portadora de homes, pola apariencia de pequenos homes colgantes que forma o labelo) foi unha máis curiosas, que fotografamos.
A lavanda, omnipresente nas ladeiras que camiñamos, e o relevo montano, incluíndo zonas de cortados rochosos, aportan beleza ao paisaxe e lugares de aniñamento a aves como os alimoches, vistos esa mesma mañá, e posibilidades aos voitres, como os catro leonados que nos sobrevoaron.
Nunha zona encharcada, entre xuncos atopábase unha pequena poboación de Serapias lingua.
O calor continuaba a crecer mentres avanzábamos por unha pista.
E chegamos así ao que sería o punto máis importante do dia, unha zona de ladeira con prados e matogueira aberta sobre calías que alberga máis do 80% das especies de bolboretas que poden verse en Galicia. Mentres, sobre as nosas cabezas, tres cernícalos flanquean e atacan a un águia real, ata facela pousar nun rochedo moi próximo.
Unha das máis espectaculares orquídeas do dia: Limodorum abortivum.
Non moi lonxe atopamos varios individuos de Ophrys scolopax, un dos xéneros máis curiosos, que atraen a machos de abellas, non so pola sua forma, senon que imitan tamén as ferómonas das femias. Na pseudocópula o animal enganado adquire uns polinios, que se adhiren á súa cabeza, e que polinizarán á seguinte orquídea coa que manteña relacións.
Pero como comentei a saída era para ver bolboretas, claro que unha cousa e velas (aquí xa levariamos unhas 30 especies) e outra fotografalas, cando, como é o meu caso, tes que poñer a cámara a 3 cm duns animais moi asustadizos e tremendamente activos cos máis de 30o que “desfrutábamos” á sombra.
A primeira que me deu unha oportunidade, despois de facerme foi esta grande e fermosa Aporia crataegi, un piérido bastante raro en Galicia (abondoso no S de Ourense). Como o seu nome indica está ligado aos Crataegus dos que se alimentan as súas eirugas.
Unha planta abondosa en Ourense, pero curiosa para os “norteños” coma mín e a muscaria, Muscari comosum.
Algo máis arriba pareceu esta Melitalea cinxia, que colaborou dexándose fotografar o anverso e, moi fermoso, reverso das ás.
Sobre Crataegus atopábase esta bolboreta, probablemente unha Adscita, pero que non teño todavía identificado:
Outra especie vista foi a Lycaena phlaeas. Aínda que as miñas fotos non lle fan xustiza.
Outra xoia voadora vista foi a Lycaena (heodes) alcyphron.
Tamén apareceu unha Empusa pennata adulta, un “alien” que soportou con estoicismo a sesión fotográfica a que foi sometida.
Ademáis dos imagos de bolboretas tamén estaban presentes algunhas eirugas Malacosoma neustria (Lepdioptera-Lasiocampidae).
A sección de réptiles, nesta primeira zona, estivo representada pola lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), a lagartixa rabuda (Psammodromus algirus), o cobregón (Malpolon monspenssulanus) e o lagarto arnal (Timon lepidus) como este subadulto, posibles presas do alcaudón común que voaba nese momento algo máis arriba de onde estabamos.
O arnal portouse moi ben como modelo, o que foi aproveitado.
Virando pedras atopamos este curioso inquilino (Buthus occitanus).
E continuamos o noso percorrido, nun entorno de impresionante beleza
E continuaban a aparecer orquídeas, nesta ocasión unha Anacamptis pyramidalis.
E non moi lonxe unhas Orchis purpureas.
Despois de ver un par de escribentas hortelás, que emocionaron a algún paxareiro do grupo, apareceu esta (probable) Orchis mascula.
Xa ben rematada a mañá desprazámonos a comer, buscando algo de frescor e sombra, que atopamos xunto a unha fonte-lavadeiro. Aquí apareceron un par de especies de anfibios, destacando unha enorme larva de sapiño comadrón (Alytes obstetricans) acompañada nun pilón por larvas e adultos reproducíndose de pintafontes verde (Triturus marmoratus).
Ás veces non é doado localizar e identificar as bolboretas, como exemplo aquí Martiño “anima” a unha Arctia a abrir as ás para poder determinar a súa especie que resultou ser unha Arctia villica.
Xa pola tarde atopamos outra orquídea, unha Ophrys sphegodes.
Unha das máis atractivas bolboretas do dia: un macho de Polyommatus icarus.
Unha chuchaleites (Iphiclides podalirius) recorría a ladeira libando de todos os matos de lavanda e sen asustarse demasiado da nosa presencia.
Baixo unha pedra, xa a tardiña, unha agarimosa nai transporta aos fillos ao lombo.
Outro pequeno animal por identificar.
A foto do dia (para min) unha cópula de Lysandra (Polyamatus) bellargus.
Durante toda a visita a presencia da flora foi espectacular, ben pola presencia de orquídeas de caprichosas e coloridas formas, ben pola floración das xestas e das lavandas, ou, como neste caso, pola exhuberancia dos chuchameles.
Xa a última hora, e despois dunha boa carreira, conquerimos recoller e fotografar unha cobra riscada (Rhinechis scalaris)
E unha foto final dos últimos en marcharnos.
Espero que non vos aburrira moito. Agradecer a François Flores, Rafael Estevez e a José Gándara a corrección dalgunhas identificacións.
Etiquetas:
05. TMA,
06. AOB,
26. PHI,
28. PAL,
32. TLE,
35. MMO,
36. RSC,
98. Bolboretas,
98. Orquídeas,
99. Enciña da Lastra,
Saídas e Viaxes,
Training Days
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


