30 oct 2010

Culebra de collar (Natrix natrix)



Aqui me topei cun adulto de Collar nunha aldea do termino Lucense de Cospeito,o lado de un camiño de terra discurria un regato con Ra verde, unha presa potencial desta especie,e o lado no prado entre a herba enroscada e xunto uns tubos de canalizacion,estaba este fermoso exemplar adulto, que tomou rapidamente a defenssa pasiva de boca medio-aberta,olor fetido e facerse a morta,unha especie cada vez menos comun,que non goza moito do respeto das persoas,mais cando e totalmente inofensiva,curiosamente o solta-la mergullouse e desapareceu,esto e mais tipico da sua parente a Viperina,as collares soen nadar en superficie :)

Culebra viperina (Natrix maura)



Aqui atopamos en nada este trio de Viperinas,nunha praia de Cangas do Morrazo en Pontevedra,unha zona moi boa para herpetos,ese dia de serpes soamente tamen vimos Coronella girondica,Malpolon monspessulanum e Natrix natrix,estaba nunha especie de delta de riachuelo trasdunar de praia,ali habia dende larvas de Rana iberica a Peixes planos tipo linguados,cousas curiosas da natureza,onde confluian un pouco auga doce e salgada,esta especie e famosa,pola sua aptitude defensiva onde resopla e aplanase intentando imitar a venenosa vibora,totalmente inofensivas ,estas pequenas serpes nin morden e e a especie mais acuatica da peninsula,sempre ligada a presencia cercana da auga,aqui tiven a sorte de compartir o dia con Vero,Martiño e Anxos :)

Vibora de Seoane (Vipera seoanei)



Aqui vemos un adulto mudando a pel de Vibora de Seoane,ainda que a calidade do video non e moi boa,este animal estaba a perseguir activamente a sua presa a cal non deu pillado,unha Ra verde,o animal estaba nunca zona fresca,debaixo dunha ponte da autovia na zona de Santiago na Coruña,decir que como toda vibora e unha especie venenosa,este animal en ningun momento intentoi atacar,son animais moi beneficiosos e para nada peligrosos,se non se meten as mans onde non se deben,ali quedou buscando refuxio :)

Culebra de Esculapio (Zamenis longissima)



Aqui tivemos a sorte de poder ver en accion, no seu medio a moi dificilmente localizable Esculapio,este exemplar foi atopado en Elgoibar (Guipuzkoa),o curioso e ver este animal en accion,a sua estrataxema de escapatoria e trepar literalmente as arbores,cunha gran destreza,se atopa tamen en camiños ou muros,e unha consumada escaladora,de ahi que tamen boa parte da sua dieta sexan paxaros,este exemplar era un adulto,pero non grande de todo,imposible seria ve-la se non fora por Ander Izaguirre,e tamen gracias os compañeiros de aventura Gabri Martinez e Honorio Iglesias, unha fermosa xuntanza de Granadino-Guipuzkoano-Segoviano e Coruñes :)

29 sept 2010

Cal é a superficie dunha cuadrícula de 10x10 qm? (2ª parte)

Logo do comentario de Rubén Portas comentando que hai moitas cuadrículas que teñen unha superficie real (chamada en topografía superficie absoluta) maior á que teñen sen contar a topografía da zona (denominada superficie reducida). Como é lóxico pensar, non ten a mesma superficie real unha porción de 1x1 km na Terra Chá que nos Ancares.

Pois, xogando un pouco con ArcGIS e co SRTM da NASA calculei un mapa a nivel de 10x10 qm no cal se mostra o factor de corrección que se debe realizar para transformar unha superficie reducida nunha absoluta:


Como vedes, as zonas en azul son as que teñen menos pendiente e canto máis cálido sexa a cor máis pendente teñen e maior é o factor de corrección.

E aquí mostro o mapa da superficie absoluta (real) das diferentes cuadrículas de Galicia. Como pode verse hai unhas cantas cuadrículas de 10x10 Qm que teñen máis de 100 Qm^2.

26 sept 2010

Cal é a superficie dunha cuadrícula de 10x10 qm?

Bueno, a resposta á pregunta é, inicialmente, moi sinxela: 100 qm^2. Sen embargo, a cuestión non é tan facil se queremos saber cal é a superficie de terra galega das diferentes cuadrículas de 10x10 qm de Galicia. Para responder a esta pregunta hai que botar man dos Sitemas de Información Xeográfica que son os diferentes compoñentes informáticos necesarios para a creación, xestión, análise e representación de datos referenciados espacialmente.

Neste mapa, analizado e exportado con ArcGIS 9.3 (o programa de SIX máis usado) mostramos a superficie de terra galega que hai en cada unha das cuadrículas 10x10 qm de Galicia. A superficie máxima posible é de 100 qm^2, polo que as cantidades que se mostran son tanto os quilómetros cadrados de terra galega que hai en cada cuadrícula como o porcentaxe de terra galega que hai no total da cuadrícula.



Como tódolos que nos dedicamos a buscar bichos por Galicia adiante, temos que darnos conta que en moitas cuadrículas é realmente complicado citar especies como pasa en moitas das cuadrículas de cor vermello do mapa.

PD: soamente representamos neste mapa a superficie continental de Galicia. Como podedes ver faltan 3 cuadrículas galegas que son exclusivamente insulares (Sisargas, Cíes e Ons).

20 sept 2010

A Labordeta

Xente grande hai pouca neste mundo e este mundo quedou onte sen unha gran persoa. Labordeta foi sempre un home polifacético. Escritor, cantautor, político e profesor foron algunhas das súas actividades vitais. Todo o mundo recorda aqueles impresionantes documentais onde mostraba as xentes e lugares de España como ninguén podería facer.




Desde sempre recordo a Labordeta no Congreso promovendo grandes ideas e dando unha visión real do que a política debería ser: un instrumento ó servizo de todos. Aquí, unha mostra do caracter e valentía ante os neofascistas ós cales non lle gustaba que unha persoa de esquerdas falara na tribuna do pobo.

16 sept 2010

¿Quen come a quen? Historia dun teixugo lambón

Víñamos de realizar unhas mostraxes na zona de Trevinca Adolfo Cordero, Anxos Romeo e máis eu e íamos durmir ó Trisquel, aloxamento que está na aldea de Vilanova que se sitúa nas proximidades de Xares. Indo no coche cara o hotel, na estrada situada entre A Ponte e Vilanova tivemos a enorme sorte de ver un fermoso teixugo que se escapaba de nós.

A sorpresa foi maiúscula cando vimos o que andaba facendo antes de interrumpilo. Alí, no medio da estrada, unha pobre víbora de Seoane (Vipera seoanei) comezada a comer polo rabo e coas tripas por fora. A víbora xa estaba morta aínda que conservaba algún movemento involuntario. Unha foto do exemplar depredado:


E unha foto en detalle da cabeza:


Logo marchamos, deixando alí o cadaver da Seoane. Pola mañá volvimos a pasar polo lugar e a víbora xa non estaba, probablemente comida polo teixugo que volveu a recuperar a súa captura trala nosa interrupción.

PD: a posteriori á publicación inicial deste post, inclúo unha foto en detalle da cabeza do exemplar para que se poida ver a fragmentación das placas cefálicas.

4 sept 2010

Training Days - European Bat Night

No pasado fin de semana tivemos o placer de celebrar xunto cos compañeiros de Drosera a European Bat Night en Seoane do Caurel.

Primeiramente, realizamos polos arredores de Seoane do Caurel unha busca de refuxios de morcegos. Nesta busca comentáronse os diferentes métodos existentes para a busca das diferentes especies de morcegos, xa que cada un deles habita un lugar determinado durante o seu repouso diurno. Fixemos dous grupos para evitar molestar en demasía ós morcegos (que por desgracia non apareceron). Aquí un par de fotos do noso grupo:




Logo, asistimos na Estación Científica do Caurel a unha charla impartida por Roberto Hermida sobre os morcegos do Caurel. Faláronse dos diferentes hábitats e comportamentos de caza dos morcegos e fíxose un repaso polas principais especies presentes na zona. Recordar que o Caurel é unha das zonas de Galicia que presenta unha maior biodiversidade de morcegos de Galicia.


Como en tódolos Training Days, a posta en práctica dos métodos de mostraxe que aplican os investigadores no seu traballo diario é o punto álxido das actividades. Logo dunha cea no acampamento Caurel, procedeuse a instalar unha serie de redes xaponesas nos arredores do camping. Froito deste traballo puidéronse capturar catro especies de morcegos: Rhinolophus hipposideros, Myotis daubentonii, Pipistrellus pipistrellus e Eptesicus serotinus. Tamén puidemos escoitar a Tadarida teniotis, que é o único morcego de Galicia que emite ecolocacións audibles para os humanos. Nesta posta en práctica nocturna puidemos contar ca asistencia de numerosos turistas (especialmente nenos) que se aloxaban no camping e desfrutaron de observar de primeira man destes interesantes animais.




Agradecer a tódolos participantes a súa asistencia e á xente de
Drosera a súa colaboración. Como non, tamén agradecer á Estación Científica do Caurel e ó acampamento Caurel a súa colaboración.



23 ago 2010

Artistas e Animais I

Os réptiles de M.C. Escher

Comezamos cos réptiles de Escher unha serie de post de Artistas e Animais, onde falaremos de debuxos, pinturas, gravados e esculturas de artistas cuxo mundo creativo se relacione de forma peculiar cos animais.

Os debuxos de animais creados por M.C. Escher non son só debuxos interesantes, son debuxos que representan as ideas do artista do modo mais perfecto.

Escher concentrouse case exclusivamente en reproducir e atopar unha resposta a preguntas como: ¿Que é reproducir? ¿Que posibilidades ofrece a superficie se a enchemos con figuras congruentes que limiten unhas con outras? Se debuxar é un engano, unha ilusión que pretende substituír a realidade, ¿poderíase dar un paso máis e facer xurdir un mundo tridimensional dun bidimensional?...

Grazas a esto podemos ver agora como a este artista lle servíron as figuras congruentes de réptiles para responder a algunhas das súas preguntas.

Debuxar é un engano. Na litografía Réptiles de 1943 que a continuación vos mostramos e da cal huskyomega realizou un estupendo vídeo do gravado, Escher debuxa desde o ángulo inferior esquerdo do papel as pequenas figuras planas e esbozadas no seu caderno de bosquexos para desenvolver unha marabillosa tridimensionalidade. O réptil abandona a folla do caderno para pasearse por un tratado de zooloxía e un cartabón que o levan a un dodecaedro para saltar a un vaso de metal dende o cal entrará de novo na folla de papel. Isto faime lembrar como o outro día unha Iberolacerta galani ante a miña insistencia de fotografala, pasou dunha pedra preto do chan a un muro, logo a unhas pedras da parede dunha casa abandonada, e daquí a unha escaleira antiga pola que descendeu outra vez a un muro preto do chan onde a perdín.

Escher creo que non observou a esta I. galani en Trevinca pero seguramente a idea orixinal deste debuxo vén dun encontro similar cun réptil.








Mauritis Cornelius Escher naceu en Leeuwarden, Holanda, no ano 1898. Ao longo da súa carreira realizou máis de 400 litografías e gravados en madeira (xilografía), e tamén uns 2.000 debuxos e borradores. Faleceu o 27 de marzo de 1972.

Autorretrato do artista, gravado en madeira, 1923.






O infinito. Debuxos compostos de figuras uniformes.
Límites cadrados.




















Evolución I e Evolución II

Se a superficie fose infinitamente grande, o número de réptiles que a enchería sería infinito.

Recheo regular da superficie

Estructura básica do Límite cadrado. Escher conseguiu dar vida á estructura do debuxo reenchendoa de lagartixas.

O amor polo detalle fai de Escher un gravador excepcional. O seu arte é unha exaltación da realidade, a cal el sentía e interpretaba como unha marabilla de natureza matemática.

En 1969 con 71 anos realiza o gravado "Serpes" onde demostra as súas facultades a pesar da súa avanzada idade, este será o seu último gravado.

Serpes, gravado en madeira, 1969

‹‹Asombrarse é a esencia da vida››


M.C. Escher