31 may. 2010

III Xornadas da SECEMU

As III Jornadas de la Asociación Española para la Conservación y Estudio de los Murciélagos (SECEMU) vanse a celebrar en Galicia. Estas xornadas pretenden ser un punto de reunión e posta en común sobre o avance das tecnoloxías no estudo dos morcegos e están abertas a calquera persoa, experta ou non, que teña interese nas novas tendencias de estudo deste grupo animal. Nas xornadas participasen algúns dos investigadores máis experimentados de Europa e realizaranse mesas redondas nas que se comentasen protocolos, materiais e métodos utilizados e as súas vantaxes e inconvenientes.

Máis información: enlace.




29 may. 2010

Training Day - Enciña da Lastra

O pasado sábado, 22 de maio, puidemos desfrutar dunha magnífica xornada de campo na zona de Valdeorras, dentro dos Training Days, impulsados dende Saramaganta, coa colaboura de Hábitat, Drosera e Numenius.

Photobucket

Xuntanza inicial na que Rafael Estévez comenta os aspectos máis importantes do entorno elexido, mentres un ourol canta no val e varios abellarucos e dúas águias cobreiras nos sobrevoan.

Acompañounos un excelente clima, igual algo quente de máis, e os coñecementos e grande capacidade didáctica de Rafael Estévez e José Gándara, que durante toda a actividade se encargaron non só de identificar as ducias de diferentes especies de bolboretas que se puideron observar, senon de aportar información sobre a súa bioloxía, ecoloxía e conservación. Ademáis, con gran paciencia, axudaban a identificar os individuos que lles presentabamos a través dos visores das cámaras, que traballaron a reo ese día, comentando técnicas e trucos para conseguir boas fotografias.

Photobucket

Os prados altos destas terras conteñen unha grande biodiversidade, da que, o longo do dia, puidemos ver numerosos exemplos.

Os afloramentos calizos, o clima mediterráneo e a presenza de prados fan da Comarca de Valdeorras a rexión xeográfica galega de maior riqueza en orquídeas. Agradecer a François Flores e a Rafael Estévez a súa axuda na identificación no campo (se se cola algún erro de certo será meu).

A primeira que contemplamos foi a Orchis provincialis, unha especie algo escasa e que causou bastante sorpresa e interese.

Photobucket

Moi preto, esta Aceras anthropophorum (literalmente portadora de homes, pola apariencia de pequenos homes colgantes que forma o labelo) foi unha máis curiosas, que fotografamos.

Photobucket

Photobucket

A lavanda, omnipresente nas ladeiras que camiñamos, e o relevo montano, incluíndo zonas de cortados rochosos, aportan beleza ao paisaxe e lugares de aniñamento a aves como os alimoches, vistos esa mesma mañá, e posibilidades aos voitres, como os catro leonados que nos sobrevoaron.

Photobucket

Nunha zona encharcada, entre xuncos atopábase unha pequena poboación de Serapias lingua.

Photobucket

O calor continuaba a crecer mentres avanzábamos por unha pista.

Photobucket

E chegamos así ao que sería o punto máis importante do dia, unha zona de ladeira con prados e matogueira aberta sobre calías que alberga máis do 80% das especies de bolboretas que poden verse en Galicia. Mentres, sobre as nosas cabezas, tres cernícalos flanquean e atacan a un águia real, ata facela pousar nun rochedo moi próximo.

Photobucket

Unha das máis espectaculares orquídeas do dia: Limodorum abortivum.

Photobucket

Non moi lonxe atopamos varios individuos de Ophrys scolopax, un dos xéneros máis curiosos, que atraen a machos de abellas, non so pola sua forma, senon que imitan tamén as ferómonas das femias. Na pseudocópula o animal enganado adquire uns polinios, que se adhiren á súa cabeza, e que polinizarán á seguinte orquídea coa que manteña relacións.

Photobucket

Pero como comentei a saída era para ver bolboretas, claro que unha cousa e velas (aquí xa levariamos unhas 30 especies) e outra fotografalas, cando, como é o meu caso, tes que poñer a cámara a 3 cm duns animais moi asustadizos e tremendamente activos cos máis de 30o que “desfrutábamos” á sombra.

A primeira que me deu unha oportunidade, despois de facerme foi esta grande e fermosa Aporia crataegi, un piérido bastante raro en Galicia (abondoso no S de Ourense). Como o seu nome indica está ligado aos Crataegus dos que se alimentan as súas eirugas.

Photobucket

Unha planta abondosa en Ourense, pero curiosa para os “norteños” coma mín e a muscaria, Muscari comosum.

Photobucket

Algo máis arriba pareceu esta Melitalea cinxia, que colaborou dexándose fotografar o anverso e, moi fermoso, reverso das ás.

Photobucket

Photobucket

Sobre Crataegus atopábase esta bolboreta, probablemente unha Adscita, pero que non teño todavía identificado:

Photobucket

Outra especie vista foi a Lycaena phlaeas. Aínda que as miñas fotos non lle fan xustiza.

Photobucket


Photobucket

Outra xoia voadora vista foi a Lycaena (heodes) alcyphron.

Photobucket

Photobucket

Tamén apareceu unha Empusa pennata adulta, un “alien” que soportou con estoicismo a sesión fotográfica a que foi sometida.

Photobucket

Ademáis dos imagos de bolboretas tamén estaban presentes algunhas eirugas Malacosoma neustria (Lepdioptera-Lasiocampidae).

Photobucket

A sección de réptiles, nesta primeira zona, estivo representada pola lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), a lagartixa rabuda (Psammodromus algirus), o cobregón (Malpolon monspenssulanus) e o lagarto arnal (Timon lepidus) como este subadulto, posibles presas do alcaudón común que voaba nese momento algo máis arriba de onde estabamos.

Photobucket

O arnal portouse moi ben como modelo, o que foi aproveitado.

Photobucket

Virando pedras atopamos este curioso inquilino (Buthus occitanus).

Photobucket

E continuamos o noso percorrido, nun entorno de impresionante beleza

Photobucket

E continuaban a aparecer orquídeas, nesta ocasión unha Anacamptis pyramidalis.

Photobucket

E non moi lonxe unhas Orchis purpureas.

Photobucket

Despois de ver un par de escribentas hortelás, que emocionaron a algún paxareiro do grupo, apareceu esta (probable) Orchis mascula.

Photobucket

Xa ben rematada a mañá desprazámonos a comer, buscando algo de frescor e sombra, que atopamos xunto a unha fonte-lavadeiro. Aquí apareceron un par de especies de anfibios, destacando unha enorme larva de sapiño comadrón (Alytes obstetricans) acompañada nun pilón por larvas e adultos reproducíndose de pintafontes verde (Triturus marmoratus).

Photobucket

Ás veces non é doado localizar e identificar as bolboretas, como exemplo aquí Martiño “anima” a unha Arctia a abrir as ás para poder determinar a súa especie que resultou ser unha Arctia villica.

Photobucket

Xa pola tarde atopamos outra orquídea, unha Ophrys sphegodes.

Photobucket

Unha das máis atractivas bolboretas do dia: un macho de Polyommatus icarus.

Photobucket

Unha chuchaleites (Iphiclides podalirius) recorría a ladeira libando de todos os matos de lavanda e sen asustarse demasiado da nosa presencia.

Photobucket

Baixo unha pedra, xa a tardiña, unha agarimosa nai transporta aos fillos ao lombo.

Photobucket

Outro pequeno animal por identificar.

Photobucket

A foto do dia (para min) unha cópula de Lysandra (Polyamatus) bellargus.

Photobucket

Durante toda a visita a presencia da flora foi espectacular, ben pola presencia de orquídeas de caprichosas e coloridas formas, ben pola floración das xestas e das lavandas, ou, como neste caso, pola exhuberancia dos chuchameles.

Photobucket

Xa a última hora, e despois dunha boa carreira, conquerimos recoller e fotografar unha cobra riscada (Rhinechis scalaris)

Photobucket

E unha foto final dos últimos en marcharnos.

Photobucket

Espero que non vos aburrira moito. Agradecer a François Flores, Rafael Estevez e a José Gándara a corrección dalgunhas identificacións.

16 may. 2010

Training Days en Verín - Anfibios

Mellor tarde que nunca, poño unhas Nockofotos realizadas durante os Training Days do mes de abril polo val do Támega e a Gudiña. Este primeiro post versa sobre anfibios.

Un macho de Alytes obstetricans portando ovos. No val do Támega aínda é unha eespecie frecuente.

Amplexus (cópula) de Bufo bufo. Macho arriba e femia abaixo (a femia máis grande).

Bufo calamita.

Durante a noite puidemos observar a varios exemplares de Hyla arborea.

Ainda que os puntos de auga de calidade son escasos nalgúns hai pequenas poboacións de tritóns como esta Lissotriton boscai. Decir que na zona non está rexistrada a presencia de Lissotriton helveticus, aínda que está moi cerca (zonas de Cualedro e da Limia). Tamén puidemos observar o Triturus marmoratus pero non hai Nockoimaxes dese feito.

O gran descubrimento do día (bueno, un deles que o finde foi moi fructífero) foi detectar a presenza de Pelobates cultripes. Levábamos un tempo buscándoo pero non o puidemos atopar. As choivas deste ano favoreceron a creación de determinados puntos de auga necesarios para esta especie. A última cita rexistrada dun adulto era do noso amigo Xose Ramón Reigada no ano 2002. Esta é unha moi boa noticia para a especie que está moi ameazada a nivel galego.

Común e moi habitual é a Pelophylax perezi, e como non, tamén a atopamos.

A outra especie habitual é a Rana iberica.

Sempre conto que cando empecei a traballar en Verín, unha das cousas que máis me sorprendeu é a dificultade de ver píntegas (Salamandra salamandra). Para un lucense é raro non saír de noite e non ver píntegas. En Verín non é facil observalas.

Ata aquí a parte de anfibios. Puidemos ver 10 das 11 existentes na zona (faltou Discoglossus galganoi, está extinta Chioglossa lusitanica e non hai referencias da existencia de Lissotriton helveticus e Rana temporaria)