26 sept 2010

Cal é a superficie dunha cuadrícula de 10x10 qm?

Bueno, a resposta á pregunta é, inicialmente, moi sinxela: 100 qm^2. Sen embargo, a cuestión non é tan facil se queremos saber cal é a superficie de terra galega das diferentes cuadrículas de 10x10 qm de Galicia. Para responder a esta pregunta hai que botar man dos Sitemas de Información Xeográfica que son os diferentes compoñentes informáticos necesarios para a creación, xestión, análise e representación de datos referenciados espacialmente.

Neste mapa, analizado e exportado con ArcGIS 9.3 (o programa de SIX máis usado) mostramos a superficie de terra galega que hai en cada unha das cuadrículas 10x10 qm de Galicia. A superficie máxima posible é de 100 qm^2, polo que as cantidades que se mostran son tanto os quilómetros cadrados de terra galega que hai en cada cuadrícula como o porcentaxe de terra galega que hai no total da cuadrícula.



Como tódolos que nos dedicamos a buscar bichos por Galicia adiante, temos que darnos conta que en moitas cuadrículas é realmente complicado citar especies como pasa en moitas das cuadrículas de cor vermello do mapa.

PD: soamente representamos neste mapa a superficie continental de Galicia. Como podedes ver faltan 3 cuadrículas galegas que son exclusivamente insulares (Sisargas, Cíes e Ons).

2 comentarios:

  1. E si comparas unha cuadrícula UTM en pleno corazón da Cordillera Cantábrica cunha de terra Chá..a cousa complícase un pouco máis ;)

    ResponderEliminar
  2. Pois tes razón, Rubén. Este cálculo é tendo en conta a distancia reducida. A ver se argallo o modo de facer outro mapa similar pero calculando a superficie real. Desde logo que moitas cuadrículas da fronteira aumentarán de superficie. O curioso será que algunhas cuadrículas de 10x10 qm terán máis de 100 qm^2 jeje.

    ResponderEliminar